ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Val do Dubra

  • Venda outorgada por Diego Muñiz e Elvira Sánchez a favor de Juan "Gianze" da metade de todas as herdades que foron de Pedro Bermúdez de Castro

    132/23

    Morgado de Luaces > Venda outorgada por Diego Muñiz Varela (fillo e herdeiro de Juan Carballal), e Elvira Sánchez; a favor de Juan "Gianze" (veciño de Erviñou), da metade de todas as herdades, árbores e plantados que foron de Pedro Bermúdez de Castro. > Venda outorgada por Juan "Gianze" a favor de Bernardo de Luaces, da metade de todas as herdades, árbores, plantados, etc. que foron propiedade de Pedro Bermúdez de Castro e do seu fillo Hernando Bermúdez; e que tiñan en foro con Juan "Gianze" por un prezo de 40 ducados. Datas: 1575, 10, 31 . 1577, 10, 30 Ante: Juan Gonzáles de Lamas, Alonso da Cancela Freguesía: San Cristovo de Erviñou; Concello: Val do Dubra; Provincia: A Coruña. [Carpetiña 1: San Christobal de Erbiñou]

  • Cambio de arrendamento de Alonso de Espiño (1586)

    267/11

    Morgado de Luaces > Cambio de arrendamento de Alonso de Espiño, veciño de Buxán > Data: 1586, 02, 20. Vilar, Buxán > Ante: Juan Calvo. Freguesía: Santiago de Buxán (lugar de Vilar). Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña

  • Petición de Francisco Martínez Romero en nome de María Josefa de Calo e Ramiro para acceder no arquivo o testamento de Bernardo Luaces (1805)

    134/39

    Morgado de Luaces. > Petición de Francisco Martínez Romero en nome de María Josefa de Calo e Ramiro coma titora do seu fillo Josep Ramón Ozores e Luaces, para acceder no arquivo o testamento de Bernardo Luaces de 1580, polo cal víncula 3/5 partes dos seu bens. Sentenza dun preito de 1652 no cal Jacome de Luaces engadiu o vínculo outras propiedades e contén copias de ambos documentos. Data: 1805 Febreiro 9. Ante: Pedro Santiago Palominos. Benito Antonio de Somoza. Freguesía: Santiago de Buxán. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña.

  • Escritura pola cal Bernardo Antonio de Luaces y Sotomaior pide permiso e presenza de escribán para as obras de reedificación e reparación dunha casa

    192/29

    Morgado de Luaces > Escritura pola cal Bernardo Antonio de Luaces y Sotomaior, señor de Buxán, pide permiso e presenza de escribán para acometer as obras de reedificación e reparación dunha casa que tiña en dita vila, para evitar posibles protestas ou trabas por parte dos veciños, ós cales se lles da citación. Data: 1687, 02, 20 . 1687, 02, 22. Ante: Tomás López. Freguesía: Santiago Buxán. Concello: Val de Dubra. Provincia: A Coruña

  • Preito por débedas en San Cristovo de Portomouro á Real Fábrica de Grixoa á cal pertencían as rendas nesta freguesía, pola herdanza de Juan Calviño

    189/50

    Morgado de Luaces > Preito por débedas en San Cristovo de Portomouro, á Real Fábrica de Grixoa á cal pertencían as rendas nesta freguesía, a raíz da herdanza de Juan Calviño. Inclúe un pedimento de López de Pacheco (en nome de Gregorio de Miramontes, mordomo e fabriqueiro de Santa María de Grixoa), para cobrar as rendas atrasadas, ademáis dos autos nos que se confirma o pedimento; polo cal se procede ao cobro da renda de todos os veciños menos de un; Alberte Souto. (Contén referencias á débeda). Data: 1722, 02, 02 . 1722, 03, 02. Ante: Diego Núñez Espantoso / Antonio Fernández Varela. Freguesía: San Cristovo de Portomouro. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Cristobal de Portomouro]

  • Escritura de agregaciaon outorgada por Jacome de Luaces pola cal agrega ao vínculo fundado polo seu pai a quinta parte de todos os seus bens (1616)

    190/9

    Morgado de Luaces > Copia compulsada da escritura de agregación outorgada en 1581, 03, 16 por parte de Jacome de Luaces, herdeiro de Bernardo de Luaces "el Viejo", pola cal agrega ó vínculo fundado polo seu pai a quinta parte de todos os seus bens. Esta copia faise a petición de Pedro Mariño, conforme ó poder que para elo lle deu Bernardo de Luaces, irmán de Jacome, en 1616, 02, 12. Data: 1616, 03, 12. Ante: Juan García de Andrade. Freguesía: San Vicente de Niveiro. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña.

  • Real Executoria expedida a petición de Lorenzana para que se faga copia da escritura de agregación de vínculo de Jacome de Luaces (1616)

    190/10

    Morgado de Luaces > Real Executoria expedida en 1616, 03, 15 a petición de Lorenzana, en nome de Bernardo de Luaces, para que se faga copia da escritura de agregación de vínculo de Jacome de Luaces, a raíz do preito con Inés de Villamarín. > Copia compulsada da escritura de agregación outorgada en 1581, 03, 16 por parte de Jacome, herdeiro de Bernardo de Luaces "el Viejo", pola cal agrega ó vínculo fundado por seu pai a quinta parte de todos os seus bens. Data: 1616, 03, 17. Ante: Domingo Rodríguez. Freguesía: San Vicente de Niveiro. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña.

  • Escritura de venda outorgada por Pedro de Parga a favor de Alonso Charles da sexta parte do muíño da Fonte Cega e outras escrituras (1526-1527)

    196/43

    Morgado de Rial > Escritura de venda outorgada por Pedro de Parga a favor de Alonso Charles (mercader de Santiago), da sexta parte do muíño da "Fonte Cega". Data: 1526, 08, 19. Ante: -. > Escritura de venda outorgada por Alonso Ríos a favor de Alonso Charles, da oitava parte do lugar de "Nantón", e o muíño de "Porto Lagares". Data: 1526, 09, 26. Ante: -. > Escritura de venda outorgada por Constanza Centeo a favor de Alonso Charles de todas as súas propiedades en Páramo. Data: 1526, 10, 19. Ante: -. > Escritura de venda outorgada por Gonzalo Talo a favor de Alonso Charles, da casa e pazo de Niveiro. Data: 1526, 10, 21. Ante: -. > Escritura de venda outorgada por Catalina Ferreira (muller de Rui Martínez), de propiedades en Freixeiro e Suevos. Data: 1526, 09, 29. Ante: -. > Escritura de venda outorgada por Fernando de Parga, da casa na que vivía Juan Melías, en Páramos. Data: 1526, 12, 23. Ante: -. > Escritura de venda feita por Gonzalo Gordo, doutra parte da casa onde vivía Juan Melías. Data: 1527, 01, 15. Ante: - > Escritura de venda outorgada por Rodrigo de Buño, do que lle pertencía a él e á súa muller en Páramos. Data: 1527, 02, 08. Ante:- > Escritura de venda outorgada por Francisco salgueiro de bens en Caaveiro. Data: 1527, 07, 18. Ante:- > Escrituras de vendas outorgada por María de Parga. Data:- Ante:-. > Posesións de Alonso de Charles. Data:- Ante: Alonso Rodríguez de Saavedra. Freguesía: Santa María de Paramos. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña [Cartafol 1: Santa María de Paramos]. [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

  • Memoria correspondente á visita de orde informativa e asesora realizada ao concello de Val do Dubra (26-06-1970)

    7.849/10

    Servizo de Inspecciòn e Asesoramento das Corporacións Locais Memoria correspondente á visita de orde informativa e asesora realizada ó concello de Val do Dubra, dentro do plan aprobado para 1970, o día 26-06-1970. Anos 1966, 1968, 1970, 1976.

  • Privilexio da vila de Buxán á Casa de Torre Blanca. Testemuña da venda de Gaspar de Villafañe a Jácome de Luaces, da xurisdición do Coto Buxán

    192/39

    Morgado de Luaces > Privilexio da vila de Buxán á Casa de Torre Blanca. Testemuña da venda que en 1590, 08, 03 fixo Gaspar de Villafañe, consulado polo rei Don Felipe, a favor de Jácome de Luaces, da xurisdicción civil e criminal do Coto de Santiago Buxán, coas rendas de penas de cámara e sangue legais e arbitrarias, por dereito a luctuosas ou galiñas por razón de señorío e vasalaxe co privilexio que o dito se puidese titular e nomear vila e facultade a Jácome; nomea tamén alcaldes, deputados, escribáns, alguacís, almirantes, etc... Data: 1590, 08, 03. Ante: - Freguesía: Santiago Buxán. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña

  • Escritura de troco e permuta entre Miguel de Ramoza e Pedro Lorenzo de Ben polo cal intercambian o lugar e foros de Neiro polos de Buxán (1548)

    196/44

    Morgado de Rial > Escritura de troco e permuta entre Miguel de Ramoza, abade de San Martiño Pinario, e Pedro Lorenzo de Ben; polo cal intercambian o lugar e foros de Neiro (Santa María de Páramos), polos de Buxán, sitos en Santiago de Bueu, así como unha serie de dereitos e xurisdiccións. Data: 1548, 05, 01. Ante: Alonso Casqueiro Freguesía: Santa María de Páramos. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña [Cartafol 1: Santa María de Páramos] [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

  • Escritura de doazón outorgada por Margarita Romero Figueroa e o seu marido a Ana María Luisa Reina, do dereito de foro do lugar de Pereira (1817)

    193/53

    Morgado de Rial > Copia compulsada dunha escritura de doazón outorgada por Margarita Romero Figueroa e o seu marido, José Luaces Zúñiga e Figueroa, a favor de Ana María Luisa Reina, do dereito de foro do lugar de Pereira, na freguesía de San Vicente de Rial; que traía en renda anual 12 ferrados de trigo. > Petición de Luis Antonio Calo y Romero para que lle sexa concedida a renda de 12 ferrados de trigo anual dese dereito de foro á morte de Ana María Reina (inclúe autos e citacións). Data: 1817. Ante: Silvestre Antonio Fandiño. Freguesía: San Vicente de Rial. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña [Cartafol 1: San Salvador de Bembibre] [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

  • Foro outorgado por Pablo Ángel Figueroa a favor de Alberto Suárez, do lugar de Pereira (1719)

    193/52

    Morgado de Rial > Copia compulsada dun foro outorgado por Pablo Ángel Figueroa (cura e reitor de Santa Mariña de San Román), a favor de Alberto Suárez (veciño do lugar de Pereira), do lugar de Pereira, por tempo e espazo da súa vida, a da súa muller e vida de 3 reis, e renda anual de 12 ferrados de trigo. Data: 1719 Ante: Antonio Fernández Varela Freguesía: San Salvador de Bembibre. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña [Cartafol 1: San Salvador de Bembibre] [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

  • Testemuña e copia a petición de Pedro Suárez de Limones do preito que mantén co mordomo fabriqueiro de Santa María de Grixoa, por débedas

    189/52

    Morgado de Luaces > Testemuña e copia expedida a petición de Pedro Suárez de Limones (en nome de Gregorio Agustín de Luaces, señor da Casa de Buxán); do preito que mantén co mordomo fabriqueiro de Santa María de Grixoa, por débedas de rendas (contraídas polo impago das rendas xeradas pola voz de foro da herdade dos Calviños, en San Cristovo de Portomouro), e que se litigou ante o xuíz de Santiago; Fernando Saavedra Luaces. Data: 1722, 05, 23. Ante: Juan Antonio de Valderrama Freguesía: San Cristóbal de Portomouro. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Cristobal de Portomouro]

  • Venda de Marina Núñez, Pedro Mariño e súa muller, e Fernando Suárez e súa muller, herdeiros de Isabel Vázquez, a Esteban Rodríguez de Carracedo

    60/17

    Morgado de ¿Vilardefrancos? > Venda de Marina Núñez, viúva de Sueiro de Naciño, veciña de Bembibre [Cº de Val do Dubra), e Pedro Mariño e súa muller Constanza Vázquez, veciños de Erbillou, e Fernando Suárez e súa muller Teresa Núñez, veciños de Coucieiro [Cº de Val do Dubra], herdeiros de Isabel Vázquez, a Esteban Rodríguez de Carracedo, veciño de Artes, en Vila de Abade [Cª de Tordoia] e Restande [Cº de Trazo]. Data: 1600, 1, 28. Erviñou. Ante: Bastián Martínez. Freguesías: Vila de Abade e Restande. Concellos: Val de Dubra e Trazo. Provincia: A Coruña.

  • Venda outorgada por Gómez Rodríguez a Jacome de Luaces dunha carga de trigo de renda anual polo lugar da Abelenda e o lugar das Fervenzas

    132/24

    Morgado de Luaces > Venda outorgada por Gómez Rodríguez (veciño de San Martiño de Monzo), a favor de Jacome de Luaces; dunha carga de trigo de renda anual polo lugar da Abelenda e do lugar das Fervenzas. Data: 1581, 12, 22. Ante: Domingo Cabaleiro. Freguesía: San Cristovo de Erviñou; Concello: Val do Dubra; Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Christobal de Erbiñou]

  • Arrendamento por parte de Bernardo de Luaces e Gregorio de Villaverde a favor de Pedro Grance dunha cortiña e unha leira, ademais dun terreo

    132/25

    Morgado de Luaces > Arrendamento por parte de Bernardo de Luaces e Gregorio de Villaverde, a favor de Pedro Grance (veciño de Erviñou), dunha cortiña e unha leira, ademais dun terreo por tempo de 9 anos e por renda anual de 3 ferrados de trigo e un cabrito. Data: 1635, 01, 29 Ante: Freguesía: San Cristovo de Erviñou; Concello: Val do Dubra; Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: San Christobal de Erbiñou]

  • Memorial e relación de debedores feita a instancia de Domingo Antonio Casal do Partido de Torre Blanca (1784)

    199/18

    Morgado de Rial > Memorial e relación de debedores feita a instancia de Domingo Antonio Casal (como apoderado de Juan de la Cruz Ozores), do Partido de Torre Blanca; enumerando os distintos lugares e as rendas correspondentes. Inclúe autos e dilixencias. Data: 1784 Ante: Casal e Varela / Andrés Patiño. Freguesía: San Vicente de Niveiro. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

  • Referencia a pedimento de Gregorio Agustín de Luaces para consultar o libro de defuncións de San Vicente de Nibeiro e referencia a un enterro (1715)

    134/5

    Morgado de Luaces > Referencia a pedimento de Gregorio Agustín de Luaces para consultar o libro de defuncións de San Vicente de Nibeiro. > Referencia a un enterro no 24 de Xuño de 1710 de Andrés de la Hoya. Data: 1715, 03, 23. Ante: Josep Gómez Prieto. Freguesía: Santa María de Arabexo. Concello: Val do Dubra. Provincia: A Coruña. [Cartafol 1: "Partidas de Baptismo, Casamiento y de Muerte". Documento: 4]