ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Bola, A

  • Preito entre os distintos patronos pola vacante do Beneficio curato de Pardavedra ante o testemuño de Nicolás de Herrera (1610)

    166/23

    Morgado de Paio Muñiz > Preito entre os distintos patronos, pola vacante do Beneficio curato de Pardavedra, ante o testimonio de Nicolás de Herrera (supervisor do arcebispado de Ourense), polo cal expón que tras a morte do párroco de Pardavedra, queda vacante dito Beneficio. A vacante queda en mans de Pedro López Mosquera, que nomea como novo párroco a Pedro Vázquez de San Paio. (Inclúe a posesión por parte do propio Pedro Vázquez. Data: 1610, 11, 25 Ante: Nicolás Herrera / Roi de Novoeira Freguesía: Santiago de Pardavedra. Concello: A Bola. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santiago de Pardevedra]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Instancia de Juan Bautista e José Camaño para facer turnos no nomeamento da vacante do beneficio de Pardavedra e outros documentos (1811-1812)

    166/26

    Morgado de Paio Muñiz > Testemuña de notario (Copias compulsadas) dunha serie de documentos: > Instancia de Juan Bautista e José Camaño, para facer turnos no nomeamento da vacante do beneficio de Pardavedra, que compartían a terceiras partes con Luis Mosquera e Moscoso (Marqués de Aranda) e o Marqués de Villaverde (Niño y Vega). > Carta do Chantre do Bispado de Ourense, decretando que se fagan eses turnos para evitar preitos e vacantes moi longas, solicitando o de Maceda ser o primeiro mentres o Marqués de Aranda di que se faga un sorteo. > Compulsa doutros Beneficios vacantes nos que se utilizou este método. > Varios poderes a procuradores e notificacións. > Citación para proceder ao sorteo (con problemas por unha das partes). > Sorteo ante os interesados e as dignidades eclesiásticas (mediante o sistema de introducir os nomes nunhas boliñas), resultando os seguintes turnos: 1º Marqués de Aranda, 2º Conde de Maceda, 3º Marqués de Villaverde. Data: 1811, 05, 20 . 1812, 06, 06. Ante: García Martín Padín. Freguesía: Santiago de Pardavedra. Concello: A Bola. Provincia: Ourense. Nota: Documento roto en varios lugares. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santiago de Pardevedra]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Real Provisión de Antonio Carreón para o nomeamento do párroco de Pardevedra tras a morte do anterior (1641)

    166/24

    Morgado de Paio Muñiz > Real Provisión de Antonio Carreón (vigairo do Bispado de Ourense), para o nomeamento do párroco de Pardevedra, tras a morte do anterior. É nomeado Bartolomé de Nobeira por parte do Vizconde de Laioso (Alonso de Lemos), e Antonio Mosquera Villar e Pimentel (Patrón do dito Beneficio). Inclúese a posesión por parte do dito Bartolomé. > Correspondencia entre o Vizconde e Antonio Mosquera sobre a presentación do Beneficio. Data: 1641, 06, 06/10 Ante: Antonio Carreón Freguesía: Santiago de Pardavedra. Concello: A Bola. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santiago de Pardevedra]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Fe de notario de que Álvaro Vázquez ensinou un documento no cal se lle outorgaba o beneficio e título da igrexa de Santiago de Pardavedra (1590)

    166/22

    Morgado de Paio Muñiz > Fe de notario de que Álvaro Vázquez (abade de Santiago de Pardavedra), ensinou un documento datado o 20/08/1577, no cal se lle outorgaba o beneficio e título da igrexa de dita freguesía; polo cal se pagan beneficios a Antonio de Noboa, como sucesor de Juan de Noboa (ainda que tamén se menciona a Alonso Vázquez e a Pedro Mosquera). Data: 1590, 01, 21 Ante: Francisco Cid Freguesía: Santiago de Pardavedra. Concello: A Bola. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santiago de Pardevedra]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]

  • Correspondencia entre Joseph Antonio Mosquera e a Condesa de Maceda sobre unha vacante do Beneficio Curato de Santiago de Pardavedra (1733)

    166/25

    Morgado de Paio Muñiz > Correspondencia entre Joseph Antonio Mosquera e a Condesa de Maceda sobre unha vacante do Beneficio Curato de Santiago de Pardavedra. Data: 1633, 01, 19 Ante: - Freguesía: Santiago de Pardavedra. Concello: A Bola. Provincia: Ourense. [Cartafol 1: "Mayorazgo de Payo Muñiz, Leajo 4º, Regalías". Cartafol 2: Curato Santiago de Pardevedra]. [Documentos pertencentes ao Morgado de Paio Muñiz, propiedade da Casa Mosquera dende a súa fundación.]