Celanova
Concordia entre Melchor Mosquera e o procurador do mosteiro de San Salvador de Celanova, pola recobración dunhas casas na cidade de Ourense
168/36
Morgado de Paio Muñiz > Concordia, entre Melchor Mosquera e o procurador do mosteiro de San Salvador de Celanova, orden de San Bieito. Don Melchor cedeu o dereito de recobración dunhas casas na cidade de Ourense, enfronte a casa e torre, que dito mosteiro ten na cidade, a cesión fíxose coa condición, de que os monxes tiñan que dicir cada ano, por día de San Xosé unha misa cantada diante do corpo do Glorioso San Rosendo. > Escritura, aprobación da concordía outorgada o día 18 de Abril de 1685. (Hai 2 copias) Data: 1685, 04, 18, 21. Ante: Francisco de Fuentefría. Gaspar de Seixo Travigo. San Salvador de Celanova. Concello: Ourense. Provincia: Ourense. [Documento relativo ó vilar de Paio Muñiz, pertencente á casa Mosquera dende a súa fundación]