XUSTIZA
Minutas de sentenzas xudiciais de Esteban Areal (1801-1900)
27/1/77
1801-1900 (Produción)
[1801-1900] Minutas de sentenzas xudiciais do xuíz Esteban Areal. Rº.- 10.232 Sinatura: Francisca Herrera, 1-77
Francisca Herrera Garrido
Disposición testamentaria de Ramón Dios Vidal (1958)
58/1/4
1958, abril, 2. Berkeley. Disposición testamentaria de Ramón Dios Vidal. Sinatura: Ramón Dios, 1-4
Ramón Dios Vidal
Informe sobre danos e anomalías no monte de Morgadáns (2000)
88/3
Informe sobre danos e anomalías no monte de Morgadáns.
Expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos ocasionados pola interrupción da subministración eléctrica
563/13
Expediente de responsabilidade patrimonial por danos ocasionados pola interrupción da subministración eléctrica interposto por varios veciños a Unión Fenosa Distribución.
Expediente do embargo da Axencia Tributaria a José Luis Caride Varela
601/12
Expediente do embargo da Axencia Tributaria a José Luis Caride Varela
Expediente de denuncia do Concello de Vigo por estacionamento de vehículo matrícula PO-9879-BK en zona de carga e descarga
601/15
Expediente de denuncia do Concello de Vigo por estacionamento de vehículo matrícula PO-9879-BK en zona de carga e descarga
Comunicación sobre a denuncia por incuprimento da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia
596/6
Comunicación sobre a denuncia por incuprimento da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012 de Montes de Galicia. Denuncia por non limpar a Parcela 7, Polígono 180.
Expediente de procedemento ordinario nº 122/2007
596/1
Expediente de procedemento ordinario nº 122/2007. Aproveitamentos de madeira expediente 3605707400001
Expediente de denuncia do Convenio Colectivo
564/1
Denuncia do Convenio Colectivo
Denuncias gardas forestais
1
Recolle os expedientes de denuncias que abranguen calquera tipo de expediente ou documento de sanción imposta polos Gardas Forestais en calquera ámbito ou servizo, cando aparecen de xeito específico e illado sen formar parte dun expediente máis amplo, e por extensión calquera denuncia imposta na Enitdade Local Menor agás as de competencia do alcalde que teñen o seu apartado específico.
Servizos xurídicos
1
A documentación que recolle esta serie contén expedientes de procedementos civís, contencioso-administrativo, económico-administrativos, laborais e penais, os expedientes de recursos administrativos, os ditames e informes e as sentenzas. Os administrados teñen como primeira vía de reclamación na defensa dos seus dereitos o recurso ante o propio órgano do concello cando unha decisión do mesmo sexa considerada lesiva ou inxusta. Estes recursos e reclamacións, cos oportunos informes de letrados e técnicos municipais, resolven estas reclamación de carácter patrimonial, urbanístico ou facendístico. Noutras ocasión son o primeiro paso para o inicio dunha subseguinte vía xudicial ante o órgano oportuno por parte do interesado ou mesmo da propia administración local. Dentro dos expedientes xurídicos podemos atopar distintos tipos de procedementos, con simples informes ou ditames, redactados polo propia administración O recurso contencioso-administrativo é unha acción dos administrados, membros da corporación ou outras administracións públicas, ante a Xurisdición contencioso-administrativa, contra os actos e acordos das Entidades Locais que poñan fin á vía administrativa ou fagan imposible ou suspendan a súa continuación, previa interposición do recurso de reposición nos casos que proceda. A reclamación económico-administrativa, é efectuada polos administrados ante o Tribunal económico-administrativo provincial, fronte a determinadas resolucións de natureza tributaria, orzamentaria ou de normativa fiscal emanadas do Concello, en defensa dos seus intereses.
Consello de Contas
3
Documentación presentada por imperativo legal ou a requirimento específico ante o Tribunal de Contas ou ante o Concello de Contas, no caso de Galicia, órgano que é o supremo órgano de fiscalización das contas e da xestión económica das entidades locais.
Expediente de denuncia da Garda Civil pola desaparición da porta do Pósito
67/31
Expediente de denuncia da Garda Civil pola desaparición da porta do Pósito.
Expediente de denuncia da Garda Civil por delito de danos
67/32
Expediente de denuncia da Garda Civil por delito de danos.
Reclamación contra o presuposto extraordinario do Concello de Mondariz sobre construción de mercado feiral
2/8
Reclamación contra o presuposto extraordinario do Concello de Mondariz sobre construción de mercado feiral.
Expediente de denuncias (1994-1997)
94/6
Expediente de denuncias.
Expediente da denuncia por roubo de pedra ornamental, en Pedra do Ribón
94/10
Expediente da denuncia por roubo de pedra ornamental, en Pedra do Ribón.
Denuncias gardas forestais (1966)
18/20
Denuncias.
Autos a raíz da demanda presentada por Manuel Rubianes contra Ramón Gómez Lorenzo, por unha serie de débedas de rendas (1861)
237/24
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada por Manuel Rubianes (administrador da casa de Rubiáns) contra Ramón Gómez Lorenzo, por unha serie de débedas de rendas. Data: 1861, 08, 29. Ante: Joaquín Gonce.
Demanda interposta por Antonio Suárez en nome de Bernardo de Luaces pola cal éste lle manda ao seu irmán que lle pague os estudos (1606)
184/4
Morgado de Luaces > Demanda interposta por Antonio Suárez, sustituto de Diego Pardiñas, en nome de Bernardo de Luaces, pola cal éste lle manda ó seu irmán, Jacome de Luaces, señor de Buxán e rexedor en Santiago, que despóis de pagarlle os alimentos durante 10 anos, lle debe 200 ducados de 2 anos máis e lle pide que lle pague os estudos. > Preguntas e autos relacionados coa demanda anterior. Datas: 1606, 08, 09 . 1606, 08, 30. Ante: Joan Suárez.
Instancia en nome de Bernardo de Luaces para copiar cláusulas do testamento do seu pai que lle sexa de utilidade no preito que mantén co seu irmán
184/5
Morgado de Luaces > Instancia a solicitude de Lorenzana en nome de Bernardo de Luaces para copiar cláusulas do testamento do seu pai que lle sexa de utilidade no preito que mantén co seu irmán Jacome de Luaces. > Copia dun preito anterior de 1590, 11, 04 no que se manda a Jacome pagar os alimentos do seu irmán. Data: 1606, 11, 12. Ante: -
Replicado de alegato sobre unhas partillas, relacionadas co rexedor de Santiago, Jacome de Luaces (1607)
184/7
Morgado de Luaces > Replicado de alegato sobre unhas partillas, relacionadas co rexedor de Santiago, Jacome de Luaces. Data: 1607, 11, 01. Ante: Lope Janeiro. Estado de conservación: regular.
Concordia entre Jacome de Luaces y Cervela e Fernando de Romay a raíz dun preito sobre a posesión da granxa e lugar de Lestrove (1608)
184/8
Morgado de Luaces > Concordia entre Jacome de Luaces y Cervela e Fernando de Romay, fillo e herdeiro único de Elvira Pérez de Romay e neto de Inés Rodríguez de Araúxo, a raíz dun preito sobre a posesión da granxa e lugar de Lestrove. Os xuíces dánlle a razón a Jacome, que toma posesión dos bens a cambio do pagamento de 40 ducados. Data: 1608, 01, 31. Ante: Gabriel Romero.
Conxunto de referencias e anotacións do preito entre Francisco Antonio de Prado e Inés de Saavedra e do preito entre ésta e Pedro de Hermida (1697)
185/10
Morgado de Luaces > Conxunto de referencias e anotacións do preito entre Francisco Antonio de Prado (apoderado do arcebispo de Santiago) e Inés de Saavedra (como titora e curadora de Gregorio Agustín de Luaces), e do preito entre a propia Inés de Saavedra e Pedro de Hermida Mosquera (marido de Francisca Antonio de Luaces), sobre a restitución de rendas e bens sitos en Padrón, Lestrove e Santiago. Inclúe un índice documental e memorial de bens, autos, probas, testemuñas e poderes. > Inclúe unha referencia na que se fala dunha enumeración de bens que o arcebispo demanda a Gregorio Agustín de Luaces, do apeo que fixo Pedro García (fillo de Gómez Rodríguez), e referencias ao preito con Jacome de Luaces. Data: 1697 Ante: - Freguesía: Santa María de Dodro. Concello: Dodro. Provincia: A Coruña. Concello: Santiago. Provincia: A Coruña.
Referencia ou copia simple dun proceso de destitución de Gregorio de Luaces do seu cargo de Deputado nas Cortes polo Reino de Galicia
185/24
Morgado de Luaces > Referencia ou copia simple dun proceso de destitución de Gregorio de Luaces do seu cargo de Deputado nas Cortes polo Reino de Galicia. Data: S/D Ante: -
Caución outorgada ao apoderado de Bernardo de Luaces Bolaño para o preito xurdido a raíz da querela interposta por Francisco Monreal
185/28
Morgado de Luaces > Caución de "rato et grato" outorgada ao apoderado de Bernardo de Luaces Bolaño (fillo de Bernardo de Luaces el Viejo e Ana de Corneda), para o preito xurdido a raíz da querela interposta por Francisco Monreal. Data: S/D Ante: -
Resumo dun preito no que está implicado Jacome de Luaces
185/30
Morgado de Luaces > Extracto ou resumo dun preito no que está implicado Jacome de Luaces. Data: S/D Ante: -
Anotación sobre a resposta de Bernardo de Luaces a unha notificación de auto, na cal pide tempo para resolver unha serie de agravios
185/34
Morgado de Luaces > Anotación sobre a resposta de Bernardo de Luaces a unha notificación de auto, na cal pide tempo para resolver unha serie de agravios en relación aos bens e o vínculo de seu pai, Bernardo "El Viejo". Data: S/D. Ante: -
Autos e cartas de pagamento sacadas do preito entre Bernardo de Luaces Bolaño e Inés de Villamarín, feita a petición de Benito Fernández (1615)
184/13
Morgado de Luaces > Copia dos autos e cartas de pagamento sacadas do preito entre Bernardo de Luaces Bolaño e Inés de Villamarín, irmán e muller respectivamente do defunto Jacome de Luaces, feita a petición de Benito Fernández en nome do dito Bernardo. Dito preito trata sobre a desputa entre Bernardo e Inés polo dereito e posesión sobre os bens vinculados por Bernardo de Luaces "el Viejo", pai de Bernardo e Jacome, e os agregados por este, así como pola reclamación que fai Bernardo a Inés para que esta lle reembolse os gastos do funeral e outras débedas, para o que se solicitan copias das cartas de pagamento. Inclúe resumo da sentenza feito por Luis de Luzán Enríquez na que se lle da a razón a Bernardo. Data: 1615, 09, 23. Ante: Antonio Gómez de Calo.
Real Provisión do Capitán Xeral Rodrigo Pacheco Osorio, do preito entre Inés de Villamarín e Bernardo de Luaces, sobre a liquidación de pagamentos
184/15
Morgado de Luaces > Real Provisión do Capitán Xeral do Reino de Galicia, Rodrigo Pacheco Osorio, do preito entre Inés de Villamarín, viúva de Jacome de Luaces, e Bernardo de Luaces, sobre a liquidación de pagamentos. Data: 1616, 04, 11. Ante: Antonio Conde.
Carta executoria da Real Audiencia de Galicia con compulsas de diversos poderes no preito entre Jacome de Luaces e Bernardo de Luaces (1625)
190/26
Morgado de Luaces > Carta executoria da Real Audiencia de Galicia con compulsas de diversos poderes no preito entre Jacome de Luaces e Bernardo de Luaces, que seguiron dunha parte o dito Bernardo e de outra María de Luaces, Isabel Arnada e outros, como herdeiros de Ares de San Ciprián, debido a unhatitoría e administración que se dera entre el e Bernardo de Luaces "el Viejo". Data: 1625, 04, 01. Ante: Antonio Gómez. [Cartafol 1: "Ynbentarios y tutelas"]
Solicitude de Lorenzo García de que se lle dean todos os documentos pertencentes ós seus bens e que posúe Juan de Gayoso
190/31
Morgado de Luaces > Solicitude de Lorenzo García en nome de Lorenzo de Soutomaior, arzobispo de Zamora, tío e titor de Bernardo de Luaces Soutomaior e Mariana de Luaces, de que se lle dean todos os documentos pertencentes ós seus bens e que posúe Juan de Gayoso, ó cal pasaron por morte de Gonzalo de Neira, quen fora titor de Bernardo de Luaces Bolaño. Data: S/D. Ante: Lorenzo García. [Cartafol 1: "Ynbentarios y tutelas"]
Memoria de papeis, escrituras e demáis documentos presentados no preito entre Alonso González da Costa e consortes, e Gregorio de Valladares
199/28
Morgado de Rial > Memoria de papeis, escrituras e demáis documentos que se presentaron no preito entre Alonso González da Costa e consortes (veciños de Noia), e Gregorio de Valladares, Juan de Valladares e Elvira de Lobera. Data: S/D. Ante: - [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]
Querela criminal a instancia de María Díaz de Gayoso contra Francisco Silvosa sobre o roubo dun rodezno e outros artefactos do muíño das Rozas (1599)
205/7
Morgado de Lugo e Guntín > Querela criminal a instancia de María Díaz de Gayoso contra Francisco Silvosa sobre o roubo dun rodezno (= rodicio ou roda hidráulica con paletas curvas e eixo vertical) e outros artefactos do muíño das Rozas. Data: 1599, 02, 08. Ante: Bartolomé de Rois.
Testemuño sobre o requirimento que fixo María Díaz de Gayoso a Sebastián da Pena, como herdeiro de Álvaro González de Ribadeneira (1601)
205/8
Morgado de Lugo e Guntín > Testemuño sobre o requirimento que fixo María Díaz de Gayoso a Sebastián da Pena, como herdeiro de Álvaro González de Ribadeneira e vendedor das devesas, montes, lindes e rendas das xurisdiccións dos Cotos de Penanedra, e San Clodio.para que o dito Sebastián testifique a favor da dita María nun preito que tiña con Juan Rodríguez Rábade. Data: 1601, 02, 20. Ante: Domingo Rojos.
Auto do preito a instancia de Antonio do Lago e outros contra Santiago Galván e outros, por uns bens que fincaron a morte de Dominga do Lago (1669)
40/6
Morgado de Rubiáns > Auto do preito movido a instancia de Antonio do Lago, Pedro Rodríguez (marido de Catalina do Lago) e Marcos Falcón (marido de María do Lago), contra Santiago Galván (marido de Dominga do Lago, irmá dos anteriores e xa falecida) e Feo Galván; por unha serie de bens que fincaron a morte de Dominga, e que ao non deixar testamento nin fillos, seus irmáns consideraban que son os herdeiros lexítimos. > Dous recibos asinados o 03-03-1667 do pagamento de 22 ducados de Marcos Falcón a Dominga do Lago, e de Antonio Lago, sete ferrados de millo a Santiago Galván. Data: 1669, 09, 10. Ante: Mauro Bazán, Jose de Lemos.
Petición de Juan do Río e Francisco do Río, para que se saque a partilla de bens que fincaron á morte dos seus pais, Alonso do Río e Benita Gómez (1672)
40/8
Morgado de Rubiáns > Petición por parte de Juan do Río e Francisco do Río, para que se saque a partilla de bens que fincaron á morte dos seus pais, Alonso do Río e Benita Gómez Data: 1672, 05, 08. Ante: José de Lemos.
Autos a raíz da demanda de Benito de Señoráns e outro contra Domingo Rodríguez, por unha serie de soldos que éste percibiu coma mordomo (1707)
40/24
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada por Benito de Señoráns e Ignacio de Rajó, contra Domingo Rodríguez, por unha serie de soldos que Domingo percibiu durante 14 anos coma mordomo de Catalina da Posa (defunta, irmá das mulleres de Benito e Ignacio, herdeiros dos bens destas), así coma pola administración dos bens. Data: 1707, 07, 11. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Auto a raíz da demanda de Marcos Martínez e outros contra Diego Ramos e Francisco de Goldar, por quedarse con tódala alcabala do "gremio da terra"
40/35
Morgado de Rubiáns > Auto a raíz da demanda presentada por Marcos Martínez, Manuel do Porto e Francisco García, contra Diego Ramos e Francisco de Goldar, por quedarse con tódala alcabala do "gremio da terra". Inclúe declaración dos acusados. Data: 1708, 06, 15. Ante: Joseph Francisco de Varén.
Auto a raíz da demanda presentada por Francisco de Santalla contra Diego Ramos (1708)
40/38
Morgado de Rubiáns > Auto a raíz da demanda presentada por Francisco de Santalla contra Diego Ramos. Estes traballaron xuntos unha viña propiedade de Benita de Oña e a Francisco tocaronlle 15 cañadas e media de viño, as cales concertou con Bernardo Anado para vender a 7 reais e medio cada cañada. A demanda produciuse a raíz de non concretar o pagamento común e quedarlle debendo unhas cantidades. Data: 1708, 09, 29. Ante: Joseph Francisco de Varén.
Declaración de Francisco Pita Ozores sobre Diego de Paz como arrendatario este da décima e alcabalas (1708)
40/39
Morgado de Rubiáns > Copia simple da declaración de Francisco Pita Ozores, testemuña presentada por Jacinto de Guisamonde, na cal se informa sobre as actividades de Diego de Paz, persoa posta no porto de Vilagarcía, coma arrendatario da décima e alcabalas correspondentes aos intercambios comerciais con Portugal, Inglaterra e Holanda, e que se detiveran no momento en que se declararon varias guerras. Data: 1708, 09, 20. Ante: Pedro Antonio de Andrade.
Preito derimido a raíz da demanda interposta por Francisco Pérez, contra o seu pai a raíz da herdanza e posesión dos bens que fincaron de súa nai
40/41
Morgado de Rubiáns > Preito derimido a raíz da demanda interposta por Francisco Pérez, contra o seu pai, Gregorio Pérez, a raíz da herdanza e posesión dos bens que fincaron de súa nai, Inés do Río. Inclúese memorial de bens, autos e declaracións de testemuñas (Basilio Ramirez, Andrés Falcón) Data: 1708, 11, 30. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Certificación do marqués de Risboura dunha petición para que notificase unha real provisión a Pedro Antonio Blanco (1709)
40/42
Morgado de Rubiáns > Certificación dada polo marqués de Risboura, dunha petición de don Joseph Francisco Álvarez, xuíz, e Francisco Sánchez de Andrade, escribán para que notificase unha real provisión a Pedro Antonio Blanco. Referencia ao pagamento da media annata. Data: 1709, 01, 12. Ante: Andrés Roldán, Simón Rodríguez.
Auto a raíz da demanda presentada por Clara de Casas, contra Alberto de Pumares, polas débedas dunha serie de soldos (1709)
40/44
Morgado de Rubiáns > Auto a raíz da demanda presentada por Clara de Casas, contra Alberto de Pumares, polas débedas dunha serie de soldos de 8 ducados. Data: 1709, 02, 19. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Autos a raíz da demanda de Benito de Castro contra Antonio González porque lle adebeda os cartos dun negocio de venda de sardiñas que montaran
40/56
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda interposta por Benito de Castro contra Antonio González, debido a que este lle adebeda os cartos provistos dun negocio de venda de sardiñas que montaron xuntos. Data: 1710, 07, 01. 1710, 07, 08. Ante: Antonio Sánchez de Andrade
Autos e dilixencias no contexto do preito disputado entre Andrés Martínez e Francisco Antonio de Moure pola metade dunha casa a cambio dun muro
40/58
Morgado de Rubiáns-Vilagarcía de Arousa > Autos e dilixencias no contexto do preito disputado entre Andrés Martínez e Francisco Antonio de Moure, no que éste lle reclama a Andrés que lle ten que entregar a metade dunha casa a cambio da obra dun muro que lle fixo. Data: 1710, 01, 11. 1711, 09, 18. Ante: Antonio Sánchez de Andrade
Autos e declaracións sobre venda de doce libras de azúcar branco que fixo Estevo Rodríguez, mareante, a Diego de Coles (1711)
40/62
Morgado de Rubiáns > Autos e declaracións sobre venda de doce libras de azúcar branco que fixo Estevo Rodríguez, mareante, a Diego de Coles, por prezo de dous reais, cada libra. Data: 1711, 06, 05 Ante: Antonio Sánchez de Andrade, Antonio de Aragunde
Petición e autos relativos á denuncia de Elena Torrado contra os fillos de Domingo de Moure na que lles reclama o pagamento dunha débeda (1712)
40/67
Morgado de Rubiáns > Petición e autos relativos á denuncia presentada por Elena Torrado, irmá de Alonso Torrado, contra os fillos e herdeiros do difunto Domingo de Moure (Domingo, Francisco e Josef de Moure) na que lles reclama o pagamento dunha débeda de 120 reais que o seu pai contraxo con Alonso Torrado. Inclúe copia do testamento de Domingo Moure. Data: 1712, 08, 05. 1712, 12, 07. Ante: Antonio Sánchez de Andrade, Josef Yañez, Pedro Antonio Blanco de Pedrosa.
Denuncia e declaracións do preito no que Benito de Cheda y Rubianes denuncia a Juan Díaz de Abelle, porque os cans deste lle mataron unha ovella
40/70
Morgado de Rubiáns > Denuncia e declaracións do preito no que Benito de Cheda y Rubianes denuncia a Juan Díaz de Abelle, debido a que os cans deste lle mataron unha ovella, polo que se lle obrigue a matar aos cans e pagarlle 12 reais. Data: 1712, 11, 10. 1712, 12, 22. Ante:-
Denuncia e autos ante a xustiza de Vilagarcía presentada por Rafael Patiño contra Matías de Sanromán, co que tiña un negocio de venda de sardiñas
40/82
Morgado de Rubiáns > Denuncia e autos ante a xustiza de Vilagarcía presentada por Rafael Patiño contra Matías de Sanromán, co que tiña un negocio de venda de sardiñas, debido a diferenzas no reparto das ganancias. Data: 1713, 10, 03. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Autos a raíz da demanda presentada por Pedro de Amenal contra Alonso de Guillán e outros por intentar cobrarlle máis do que adebedaban (1714)
40/88
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada por Pedro de Amenal (veciño do Coto de Loenzo), contra Alonso de Guillán (mordomo do Coto de Laxe), Ignacio e Rajoy, Amaro de Guillán, Domingo López e Alberto do Campo (e en consecuencia tódolos demais veciños da aldea da Laxe) por intentar cobrarlle máis do que adebedaban autos, alcabalas e demais tributos en dito coto. Inclúe reais. Data: 1714, 06, 01. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Auto a raíz da demanda de Joseph Francisco Álvarez contra Simón do Souto e outro, por cortarlle menor cantidade de panos e teas que as acordadas
40/90
Morgado de Rubiáns > Auto a raíz da demanda presentada por Joseph Francisco Álvarez, contra Simón do Souto e Mauricio do Souto, por cortarlle menor cantidade de panos e teas que as acordadas na feira de Rubiáns do mes de agosto Data: 1714, 10, 06. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Petición de Benito Tarrío en nome de Jacobo Ozores relativa á sentenza do preito con José Tirso sobre a abstención de esixir pensións dominicais (1873)
42/8
Morgado de Rubiáns > Petición de Don Benito Tarrío en nome de Jacobo Ozores, relativa á sentenza do preito con José Tirso, sobre a abstención de esixir pensións dominicais para que Tirso e máis condenados paguen ou se proceda ó embargo de bens. Data: 1873. Ante: - Estado de conservación : regular
Preito civil de Francisco de Soutelo como marido da súa muller contra Bartolomé Caniño (1686)
42/12
Morgado de Rubiáns > Preito civil de Francisco de Soutelo como marido da súa muller contra Bartolomé Caniño. No documento encóntrase o auto e o poder do resultado. Data: 1686. Ante: Domingo Rubianes.
Auto a raíz da petición feita por Baltasar Martínez, para que se leve a cabo unha taxación dun cacho de horta que seu pai vendera a Manuel do Porto
40/106
Morgado de Rubiáns > Auto a raíz da petición feita por Baltasar Martínez, para que se leve a cabo unha taxación dun cacho de horta que seu pai, Marcos Martínez, vendera a Manuel do Porto, por 8 ducados e medio de vellón, xa que se considera baixo este prezo. Data: 1718, 06, 27. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Documento onde comparece Vicente Calderón e Ozores para outorgar escritura de revogación de poderes a Manuel Iglesias Vázquez (1910)
43/2
Morgado de Rubiáns > Documento onde ante o notario Juan Miguel Astiz, comparece don Vicente Calderón e Ozores para outorgar a través desta escritura a revogación de poderes e mandata a don Manuel Iglesias Vázquez, veciño de Santiago de Compostela por diferentes escrituras, a fin de que non poida no sucesivo facer uso de ditos poderes. > Ademais confere o poder a Jacobo Martínez y García, avogado e veciño de Santiago de Compostela, para que en nome e representación do señor poderante. Data: 1910, 10, 01. Ante: Juan Miguel Astiz.
Real Provisión a instancia de María de Prado, pola cal se obriga a que verifiquen un pacto entre Francisco Pedrosa e Alberto Fernández (1712)
68/8
Morgado de Rubiáns > Real Provisión, a instancia de dona María de Prado, pola cal se compela (obriga), a testemuña a que verifiquen información relativa a un pacto que fixeran Francisco Pedrosa e Alberto Fernández, veciños de San Pedro de Cornazo, sobre a retirada dunha cantidade de pedra, do sitio coñecido coma Paradela. > Requerimentos, declaracións e dilixencias relacionadas. Data: 1712, 05, 31. Ante: Joseph Marín, Antonio Sánchez de Andrade.
Petición de Antonio da Orta, veciño da freguesía de San Cristobal, para que lle faciliten unha copia sobre un preito na que está implicado Alberto Freire
68/12
Morgado de Rubiáns > Petición de Antonio da Orta, veciño da freguesía de San Cristobal, para que lle faciliten unha copia sobre un preito na que está implicado Alberto Freire. Data: 1712, 02, 05. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Memorial axustado do preito que segue Inés Armesto e Teixeiro con Rodrigo Rodríguez pola posesión dos morgados fundados por Álvaro de Soutomaior
70/7
Morgado de Rubiáns > Copia do memorial axustado feito con citación e asistencia das partes, en virtude do decreto do consello do preito que segue nel dona Inés Armesto e Teixeiro (coma lexítima administradora do seu fillo D. Francisco Álvarez y Armesto) con don Rodrigo Rodríguez Campomanes (marido e lexítimo administrador de dona Rosa Armesto), pola tenuta e posesión dos morgados fundados por Don Álvaro de Soutomaior e Mendoza e María de Zúñiga. Data: 1820. Ante:-
Preito entre Rodrigo Campomanes e Miguel Gayoso Mendoza Caamaño polas fincas procedentes dos morgados das dúas casas
70/14
Morgado de Rubiáns > Preito. Rodrigo Campomanes, marqués de Vilagarcía. Miguel Gayoso Mendoza Caamaño, señor de Rubiáns, veciño Madrid (representado por José Carlos Colmeiro, 1818), polas fincas procedentes dos morgados das dúas casas. Data: S/D. Ante:-
Autos do preito que mantivo Joaquín Armesto con Miguel de Gayoso pola sucesión dos morgados que fincaron sen sucesión á morte de Clara de Oca
73/12
Morgado de Rubiáns > Autos do preito que mantivo Joaquín Armesto con Miguel de Gayoso; pola sucesión dos morgados que fincaron sen sucesión á morte de Clara de Oca; Condesa de Moctezuma. Data: 1806, 05, 13. Ante: Joseph Benito Barreiro.
Escritura de concordia entre o Marqués de Vilagarcía e o Señor de Rubiáns, Miguel Gayoso (1810)
73/13
Morgado de Rubiáns > Copia simple da escritura de concordia entre o Marqués de Vilagarcía e o Señor de Rubiáns, Miguel Gayoso. Data: 1810, 04, 19. Ante: -
Notificación dunha Real Provisión, relativa a pagamento de bens, a instancia de Jacinto Guisande e outro documento relacionado con dita Real Provisión
74/8
Morgado de Rubiáns > Notificación dunha Real Provisión, relativa a pagamento de bens, a instancia de Jacinto Guisande. > Outro documento relacionado con dita Real Provisión. Data: 1708 Ante: Antonio Sánchez de Andrade, Pedro Antonio Blanco de Pedrosa
Autos con Real Provisión a petición de Francisco Ximeno de la Riva, relativos a paga de renda nos partidos de Rubiáns, Vilagarcía e Rianxo (1769)
74/10
Morgado de Rubiáns > Autos con Real Provisión, a petición de Francisco Ximeno de la Riva, apoderado do marqués de Vilagarcía, relativas a paga de renda nos partidos de Rubiáns, Vilagarcía e Rianxo, contra don Antonio Joaquín Faxardo, María Vicenta Benita Mosquera, Dona Felipa Bermúdez e outros. Data: 1769. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Testemuño sobre uns autos nos que se denegou a posesión duns bens que posuía José Lemos, a Juan González de Cea (1690)
76/17
Morgado de Rubiáns > Testemuño sobre uns autos nos que se denegou a posesión duns bens, que posuía José Lemos, a Juan González de Cea. Data: 1690, 04, 28. Ante: Jacinto de Torre Andrade.
Escritura de convenio entre María del Pilar Gayoso de los Cobos e José Ramaon Ozores, sobre bens pertencentes ao vínculo e morgado de Rubiáns (1838)
76/29
Morgado de Rubiáns-Vilagarcía. > Copia simple dunha escritura de convenio entre Dona María del Pilar Gayoso de los Cobos, viúva de Rubiáns e o señor José Ramón Ozores, sobre bens pertencentes ó vínculo e morgado de Rubiáns. > Nota relacionada. Data: 1838, 01, 19. Ante: Jacobo Andrés Cabo.
Lista de testemuños na rectificación que promoveu o señor de Rubiáns e Marqués de Aranda (1903)
76/43
Morgado de Rubiáns > Lista de testemuños na rectificación que promoveu o señor de Rubiáns e Marqués de Aranda. Data: 1903, 06, 26. Ante: Lorenzo Gómez.
Sentenza apelada relativa a un preito promovido por Manuel Silva Louro, contra varios veciños de Vilagarcía sobre reclamación de renda foral (1904)
76/44
Morgado de Rubiáns > Copia simple dunha sentenza apelada, relativa a un preito promovido por Manuel Silva Louro, en nome de Gonzalo Ozores e Saavedra contra varios veciños de Vilagarcía sobre reclamación de renda foral. Data: 1904, 08, 20. Ante: Eduardo Fraile Riñones.
Autos nos que se saca copia dunha serie de claúsulas do testamento de Fernando de Caamaño e nos que se fala dunha renda feita a Alonso de Villamera
83/20
Morgado de Rubiáns > Autos nos cales se saca copia compulsada dunha serie de claúsulas do testamento de Fernando de Caamaño, outorgado o 10/07/1603, e nos que se fala dunha renda feita a Alonso de Villamera duns terreos en Rubiáns. Inclúese a copia da escritura de renda. Data: 1609. Ante: Pedro Pérez.
Preito entre Gregorio Bermúdez de Castro contra os herdeiros de José Vázquez Betanzos, por débedas de rendas en Rubiáns (1821)
84/21
Morgado de Rubiáns > Preito entre Gregorio Bermúdez de Castro (en nome de José Carlos Colmeiro, apoderado de Miguel Gayoso Mendoza Caamaño) contra os herdeiros de José Vázquez Betanzos, por débedas de rendas en Rubiáns. Data: 1821, 01, 31. Ante: Silvestre Salgado Vaamonde
Resumo dos documentos entregados a raíz dun preito por débedas con Joseph Antonio Mosquera e que pertencen agora a Luis Mosquera
85/2
Morgado de Aranda-Guimarei: > Resumo dos documentos entregados a raíz dun preito por débedas con Joseph Antonio Mosquera, marqués de Guimarei, e que pertencen agora a Luis Mosquera, marqués de Aranda e Guimarei. Data: S/D. Ante:-
Escritura de arrendamento outorgada por Juan Fariña a favor de Antonio Fariña da herdade da Regueira (1835)
90/9
Morgado de Rubiáns. Vínculo de Boedo > Copia compulsada da escritura de arrendamento outorgada por Juan Fariña (en nome de José de Viñas García, apoderado de José María de Prado y Neira), a favor de Antonio Fariña da herdade da Regueira, por tempo de 5 anos e renda anual de 2 ferrados de trigo. Data: 1835, 04, 14. Ante: Agustín María Hernández. Freguesía: Santa María de Queixas. Concello: Cerceda. Provincia: A Coruña.
Referencia a unha executoria no que están implicados Urraca Moscoso, muller de Pedro de Soutomaior, o seu fillo e os seus irmáns
91/7
Morgado de Guimarei > Referencia a unha executoria de 1536, implicados dona Urraca Moscoso, muller de Pedro de Soutomaior, o seu fillo, Juan Sarmiento e os seus irmáns. (Documento que está roto, polo que non proporciona máis datos salientables) Data:- Ante:-
Petición de Alonso Guerra de Andrade referente á información dun preito relativo á administración e cobranza de rendas da fábrica de salinas (1726)
92/2
Morgado de Guimarei-Aranda > Petición de Alonso Guerra de Andrade, en nome de Pedro Teixeiro (curador de don Joseph Antonio Mosquera Pimentel) referente á información dun preito relativo á administración e cobranza de rendas da fábrica de salinas Data: 1726, 06, 19. Ante: Juan Antonio del Río.
Real Carta Executoria do preito entre Magdalena Valcarcel e Diego Suárez de Tangie, pola posesión dos bens de Rodrigo Suárez e Luisa de Meira (1593)
92/10
Morgado de Guimarei-Bentraces > Real Carta Executoria do preito entre Magdalena Valcarcel (viúva de Simón Suarez), e o coengo Diego Suárez de Tangie (e os seus irmáns), pola posesión dos bens de Rodrigo Suárez e Luisa de Meira (pai de Simón e Diego) e dos bens de Simón Rodríguez e Inés de Meira (avós dos mesmos) Data: 1593, 03, 16. Ante:-
Documento onde se recolle que Antonio Fernández comprou cantos quiñóns de ferro tiña a José Ochoa (1708)
92/15
Morgado de Guimarei-Aranda > Documento onde se recolle que Antonio Fernández, mareante, veciño de Padrón, maestro do patache, nomeado san Francisco e san Antonio, o que comprou, próximo a esta vila cantos quiñóns de ferro a don José Ochoa Preito onde Juan Bautista Viscaia, da unha serie de diñeiro Data: 1708. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Autos do preito entre Gerónimo de Piñeiro e Manuel Antonio Martínez Señoráns e outros e Domingo Rodríguez Socorro, polo pagamento dunha débeda
92/36
Morgado de Guimarei-Aranda: > Autos do preito (ante a xustiza de Vilagarcía) disputado entre Gerónimo de Piñeiro e Manuel Antonio Martínez Señoráns, filla e herdeira de Antonio Martínez Señoráns, e Domingo Rodríguez Socorro, debido a que lle reclaman o pagamento dunha débeda de 500 reais que o Domingo contraxera con Antonio Martínez Data: 1710, 10, 31. 1710, 12, 21. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Auto de demanda interposto por parte de Roberto López contra toda unha serie de debedores de rendas (1908)
94/10
Morgado de Rubiáns > Copia compulsada do auto de demanda interposta o 09/07/1901 por parte de Roberto López (apoderado de Jacobo Ozores), contra toda unha serie de debedores de rendas. Data: 1908, 01, 27. Ante: Pedro Pereira Fontán.
Conxunto de demandas presentadas por Pedro Varela, procurador de Gonzalo Ozores e Saavedra, contra unha serie de débedas de rendas (1939)
98/18
Morgado de Rubiáns > Conxunto de demandas presentadas por Pedro Varela (procurador de Gonzalo Ozores e Saavedra, Marqués de Aranda, señor de Rubiáns), contra unha serie de débedas de rendas. Data: 1939, 11, 07 Ante: Pedro Varela
Demanda presentada por parte de Manuel Silva, apoderado de Gonzalo Ozores Saavedra, contra Miguel e Pilar Aragunden Vázquez (1904)
98/23
Morgado de Rubiáns > Copia compulsada da demanda presentada o 16/01/1904 por parte de Manuel Silva (apoderado de Gonzalo Ozores Saavedra) contra Miguel e Pilar Aragunden Vázquez. Data: 1904, 08, 24. Ante: Ramón de la Fuente.
Alegato do preito entre Ángela Valladares e Benito Mariño no cal se presenta a escritura de troco entre Rodrigo de Hevia e Cristobal Mariño (1575)
214/32
Morgado de Rubiáns > Copia simple dun alegato do preito entre Ángela Valladares e Benito Mariño no cal se presenta a escritura de troco entre Rodrigo de Hevia Mariño de Lobera e Cristobal Mariño (señor da casa de la Sierra), no cal o primeiro cede os bens vinculados por Pedro do Campo, con todo o vasalaxe e casares de outes, a cambio de medio coto de Abelenda, asinado o 18/02/1575 Ante Gonzalo de Rigueira. Data: 1575, 02, 28. Ante: Gonzalo de Rigueira.
Auto a raíz da petición para nomear titor de Santiago Ozores Mosquera, por parte do seu pai, para preitear con María Carmen Ozores Mosquera (1836)
219/5
Morgado de Rubiáns > Auto a raíz da petición para nomear titor de Santiago Ozores Mosquera, por parte do seu pai, Juan Ozores Valderrama, para preitear con María Carmen Ozores Mosquera Data: 1836, 05, 07. Ante: Pedro Gutiérrez.
Interrogatorio dado por Rodrigo de Prada e os seus irmáns para xustificar o dereito de pertenza e Patronato da Capela de San Miguel
226/3
Morgado de Rubiáns > Interrogatorio dado por Rodrigo de Prada e os seus irmáns (veciños de Vidanes), para xustificar o dereito de pertenza e Patronato da Capela de San Miguel; sita xunto á igrexa da vila de Villapadierna. Data: S/D. Ante: -
Despacho para a liquidación de froitos co Marqués de Vilagarcía logo de que o seu apoderado xa cobrara as rendas de Barrantes e Vista Alegre (1803)
227/2
Morgado de Rubiáns > Despacho para a liquidación de froitos co Marqués de Vilagarcía despois da declaración de que o seu apoderado; Juan José Ximeno, xa cobrara as rendas de Barrantes e Vista Alegre. Data: 1803, 10, 31. Ante: Valentín de Pinilla.
Conxunto de preitos, demandas, autos, denuncias e dilixencias de índole menor, levadas ante o escribán Antonio Sánchez de Andrade (1697-1730)
229/3
Morgado de Rubiáns > Conxunto de preitos, demandas, autos, denuncias, dilixencias, etc. da índole da xustiza menor; levadas ante o escribán Antonio Sánchez de Andrade. Datas: 1697, 1730. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Real Provisión a petición de Joseph de Caamaño y Mendoza para que non se lle impedise o cobro das alcabalas das terras de García Rodríguez (1620)
231/2
Morgado de Rubiáns > Real Provisión expedida a petición de Joseph de Caamaño y Mendoza (Señor de Rubiáns) para que non se lle impedise o cobro das alcabalas das terras de García Rodríguez. Data: 1620, 07, 07. Ante: Pedro Feijóo.
Auto instruido a raíz da petición dos veciños das terras propiedade de García Rodríguez, a raíz dos dereitos de alcabalas que atribuira Josef de Caamaño
230/8
Morgado de Rubiáns > Auto instruido a raíz da petición dos veciños das terras propiedade de García Rodríguez, a raíz dos dereitos de alcabalas que atribuira Josef de Caamaño. Data: 1627, 05, 14. Ante: Francisco de Salazar.
Despacho do Consello de Facenda a raíz do preito con Josef Cayetano Rubianes sobre os dereitos e cobro das alcabalas das terras de Josef Caamaño
231/4
Morgado de Rubiáns > Despacho executorio do Consello de Facenda a pedimento do Marqués de Vilagarcía; a raíz do preito con Josef Cayetano Rubianes y Havia; sobre os dereitos e o cobro das alcabalas das terras propiedade de Josef Caamaño. Data: 1742, 09, 06. Ante: Francisco Sánchez de Aguilera.
Preito dado a instancia do Marqués de Vilagarcía sobre a posesión do oficio de rexedor que lle pertence dende tempos de Mauro de Mendoza (1742)
231/11
Morgado de Rubiáns > Preito dado a instancia do Marqués de Vilagarcía, sobre a posesión do Oficio de rexedor que lle pertence dende tempos de Mauro de Mendoza. Data: 1742, 08, 26. Ante: Andrés López de Seixas e Diego Núñez Espantoso.
Preito e autos a raíz da partición de bens que fincaron de herdanza de Alberto Amigo e María Carreira, entre os seus fillos e herdeiros (1727)
233/2
Morgado de Rubiáns > Preito e autos a raíz da partición de bens que fincaron de herdanza de Alberto Amigo e María Carreira, entre os seus fillos e herdeiros Data: 1727, 07, 01. Ante:-.
Preito movido a instancia do Marqués de Aranda e Guimarey contra Joseph de Fraga e consortes, por unha serie de débedas (1814)
233/4
Morgado de Rubiáns > Preito movido a instancia do Marqués de Aranda e Guimarey contra Joseph de Fraga e consortes, por unha serie de débedas. Inclúe autos, declaracións, e dilixencias Data: 1814, 12, 13. Ante: Manuel Riobó.
Preito movido a instancia de Pedro Rodríguez de Cardalda contra Francisco de Lamas (1669)
233/7
Morgado de Rubiáns > Preito movido a instancia de Pedro Rodríguez de Cardalda (en nome de Alonso Fernández) contra Francisco de Lamas. Inclúe autos, dilixencias, declaracións, etc. Data: 1669, 09, 10. Ante: Jose de Lemos.
Preito entre Simón Suárez e Bartolomé Martínez de Vaamonde por unhas partillas de bens (1693-1718)
234/4
Morgado de Rubiáns > Preito entre Simón Suárez e Bartolomé Martínez de Vaamonde, por unhas partillas de bens. Datas: 1693, 1718. Ante: Antonio Sánchez, Varela.
Autos a raíz da demanda presentada por Pedro Martínez Fortuna contra Pedro Durán por unha débeda de nove ducados (1670)
235/4
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada por Pedro Martínez Fortuna contra Pedro Durán, por unha débeda de 9 ducados. Data: 1670, 07, 04. Ante: Jose de Lemos.
Testemuño da Real Provisión do Consello de Facenda sobre as alcabalas das terras de García Rodríguez en San Clemente de César e outras (1628)
232/15
Morgado de Rubiáns > Dúas copias do testemuño da Real Provisión do Consello de Facenda; sobre as alcabalas das terras de García Rodríguez en San Clemente de César e outras. Data: 1628, 06, 25. Ante: Manuel de Alfaro.
Preito movido a instancia do apoderado de Miguel Gayoso Mendoza contra uns debedores de rendas das freguesías de Rubiáns, Cea, Cornazo (1819)
232/17
Morgado de Rubiáns > Preito movido a instancia do apoderado de Miguel Gayoso Mendoza, Señor de Rubiáns, contra unha serie de debedores de rendas das freguesías de Rubiáns, Cea, Cornazo, etc. Data: 1819, 09, 09. Ante: Francisco Pérez Valdivieso.
Autos a raíz da demanda presentada contra Matías de San Román para aclarar unha serie de mortes das que se lle acusa (1716)
235/14
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada contra Matías de San Román, para aclarar unha serie de mortes das que se lle acusa. Data: 1716, 10, 09. Ante: Antonio Sánchez Andrade.
Autos a raíz da demanda presentada por Dominga Crespo contra Joseph de Casas por malos tratos a Rosa Patiño, a súa filla (1721)
235/17
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada por Dominga Crespo, contra Joseph de Casas, por malos tratos a Rosa Patiño, a súa filla. Data: 1721, 09, 03. Ante: Antonio S. de Andrade.
Autos a raíz da demanda presentada por Andrés de Rubiáns contra Eliseo e Estevan Micael Boceta por unhas rendas (1706)
236/2
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da demanda presentada por Andrés de Rubiáns (pai do administrador Joseph de Rubiáns), contra Eliseo e Estevan Micael Boceta; por unhas rendas. Data: 1706, 07, 28. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.
Autos a raíz da petición feita por Bartolomé Martínez sobre a venda dunha serie de bens que deixara Benita Verde (1726)
236/3
Morgado de Rubiáns > Autos a raíz da petición feita por Bartolomé Martínez; veciño do Coto de Loenzo; sobre a venda dunha serie de bens que deixara Benita Verde. > Inclúe copia do testamento de Benita Verde. Data: 1726, 03, 03. Ante: Antonio Sánchez de Andrade.