ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Violetas no asfalto

Violetas no asfalto
Editorial Deputación de Pontevedra, 2021
ISBN: 978-84-8457-500-9
81 p.
13 x 20 cm

A colección Medal iníciase coa autora Lucía Novas e a súa antoloxía poética Violetas no asfalto. Esta antoloxía pon no seu xusto lugar unha traxectoria poética senlleira e sólida, intensa e emotiva porque nace, desde a honestidade creadora, o talento e a procura dun camiño propio. Lucía Novas xoga sempre coa experiencia, sen dúbida tamén coa memoria, para construir unha poética sensitiva, que aprecia e incorpora o que desde os ollos, o tacto, o gusto o oído chega ao cerebro. Non é, ao contrario, a súa unha estética intelectualizada: a súa produción, que evoluciona e se transforma, percorre estadios diferentes dos que aínda non sabemos cal será a fase seguinte. Atopámonos fronte ao espello dun camiño propio, singular e, dalgún xeito, único na tradición poética contemporánea.

Referencias e novas