ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

Xosé Velo. Textos escollidos

Xosé Velo. Textos escollidos
Editorial Deputación de Pontevedra, 2022
ISBN: 978-84-8457-506-1
163 p.
Il. b/n.; 21 x 21 cm

Xosé Velo, natural de Celanova, foi secretario xeral do Consello Nacional da Federación de Mocidades Galeguistas en 1936. Foi detido en Vigo, despois da guerra, e acusado de realizar actividades antifranquistas. Fuxiu a Portugal e trasladouse a Venezuela onde presidiu a Lareira Gallego. En 1959 fundou o DRILL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) con exiliados españois e portugueses. Foi o encargado de dirixir no ano 1961 o secuestro do transatlántico Santa María, unha acción coa que quixo denunciar as ditaduras de España e de Portugal. Xosé Velo falecía en Sao Paulo en 1972, país en que foi acollido como exiliado político. O libro con textos escollidos de Velo no que se inclúen poemas, textos, artigos e outro material do autor que foron recuperados e adquiridos pola Deputación provincial de Pontevedra. O fondo adquirido polo organismo provincial está constituido por documentos en diferentes formatos, que son produto da actividade política e cultural de Velo Mosquera e que se poden agrupar en varios grupos: transcricións ou copias de manuscritos de preto de 50 poemas, escritos entre a década dos 30 e dos 70 e inéditos case todos, ensaios, artigos, cartas, e fotos persoais e fondos audiovisuais de moi diversa índole.

Noticias da presentación editorial