ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.389
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.485

Número 19
Inventario. Archivo municipal de Cambados

Número 19 <BR> Inventario. Archivo municipal de Cambados
Diputación Provincial de Pontevedra, 1992
ISBN: 84-86845-88-2
120 p.
Il. b/n.; 21 x 15 cm
ESGOTADO

Nace esta colección como un último paso de difusión dos fondos documentais municipais da provincia de Pontevedra, dentro dos traballos do Plan de Organización de Archivos Municipales, que se iniciou en 1981. Cada un dos seus títulos contén unha pequena guía con información xeral sobre fondos e instalacións, e os instrumentos de descrición máis xenéricos –cadro de clasificación específico e inventario superficial– que se elaboraron no proceso de organización de cada arquivo. En 1987 o equipo técnico iniciou o seu traballo en Cambados e reiniciouse en 1992, cunha documentación ben conservada, na súa maioría do século XX; 1.733 son cartafoles con documentación, 827 libros de producción municipal. De 1837 son as primeiras actas plenarias e de 1840 os expedientes de quintas e reemprazo. Os primeiros expedientes do orzamento municipal refírense ó ano 1849.