ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.444
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.488

Pontenova, 07.
Revista de Novos Investigadores

Pontenova, 07.<BR>Revista de Novos Investigadores
Diputación Provincial de Pontevedra, 2002
ISSN: 1133-7206
146 p.
Il. b/n.; 28 x 22 cm
ESGOTADO

Para dar a coñecer traballos de investigación presentados polos novos autores nace en 1994 esta publicación seriada que mantén o sumario da Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais. O número 7 da revista, con case 150 páxinas, corresponde ó primeiro semestre de 2002. Novamente é a etnografía a disciplina que copa a maioría do sumario da publicación: veterinaria popular, mitos e ritos referentes á natureza, prácticas de albeitería, exvotos animais en santuarios, etnoveterinaria, diversidade das obras de alfarería, menciñeiros e fotografía popular.