ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.675
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.455

Número 03
Inventario. Archivo municipal de Baiona

Número 03 <BR> Inventario. Archivo municipal de Baiona
Diputación Provincial de Pontevedra, 1988
ISBN: 84-86845-04-1
138 p.
Il. b/n.; 21 x 15 cm
ESGOTADO

Nace esta colección como un último paso de difusión dos fondos documentais municipais da provincia de Pontevedra, dentro dos traballos do Plan de Organización de Archivos Municipales, que se iniciou en 1981. Cada un dos seus títulos contén unha pequena guía con información xeral sobre fondos e instalacións así como os instrumentos de descrición máis xenéricos –cadro de clasificación específico e inventario superficial– que se elaboraron no proceso de organización de cada arquivo. O Arquivo municipal de Baiona tivo a súa primeira ordenación en 1981. Fai o número tres da colección e foi un dos primeiros en ser incluídos dentro do citado Plan. Conta con 492 cartafoles e 1303 libros, cunha documentación histórica moi notable que se remonta ó ano 1320, conservada no célebre moble-arquivo policromado que se mandou facer sendo correxidor o licenciado don Agustín de Arteaga en 1679. Destacan os privilexios reais concedidos á vila de Erizana e a documentación relativa ó hospital de Sancti Spiritus (1539-1968).