ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.566
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Número 08
Inventario. Archivo municipal de
Tui

Número 08 <BR> Inventario. Archivo municipal de<BR>Tui
Diputación Provincial de Pontevedra, 1990
ISBN: 84-86845-37-8
142 p.
Il. b/n.; 21 x 15 cm
ESGOTADO

Nace esta colección como un último paso de difusión dos fondos documentais municipais da provincia de Pontevedra, dentro dos traballos do Plan de Organización de Archivos Municipales, que se iniciou en 1981. Cada un dos seus títulos contén unha pequena guía con información xeral sobre fondos e instalacións así como os instrumentos de descrición máis xenéricos –cadro de clasificación específico e inventario superficial– que se elaboraron no proceso de organización de cada arquivo. Os fondos do Arquivo municipal de Tui pertencen ós séculos XIX e XX, xa que un importante grupo documental dos séculos XVI ó XVIII se atopa depositado no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. No Concello, tras sucesivas incorporacións, catalogáronse 1238 cartafoles e 1265 libros.