ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Número 10
Inventario. Archivo municipal de Bueu

Número 10<BR> Inventario. Archivo municipal de Bueu
Diputación Provincial de Pontevedra, 1990
ISBN: 84-86845-46-7
104 p.
Il. b/n.; 21 x 15 cm
ESGOTADO

Nace esta colección como un último paso de difusión dos fondos documentais municipais da provincia de Pontevedra, dentro dos traballos do Plan de Organización de Archivos Municipales, que se iniciou en 1981. Cada un dos seus títulos contén unha pequena guía con información xeral sobre fondos e instalacións así como os instrumentos de descrición máis xenéricos –cadro de clasificación específico e inventario superficial– que se teñen elaborado no proceso de organización de cada arquivo. Os fondos documentais de Bueu foron organizados a partir de 1984 de forma descontinua ata que en 1989 se puido falar dunha ordenación total daqueles. O resultado foi de 1320 libros, a maioría referidos á actividade económica e moitos do século XIX (1843 e 1855, do Afanegado); a documentación encartafolada supoñía un total de 1270 unidades cunha moi completa serie de “Correspondencia” dende 1836 en adiante. O documento máis antigo, unha escritura foral, remóntase a 1563.