ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.444
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.488

Número 13
Inventario. Archivo municipal de
A Lama

Número 13 <BR> Inventario. Archivo municipal de <BR>A Lama
Diputación Provincial de Pontevedra, 1991
ISBN: 84-86845-64-5
68 p.
Il. b/n.; 21 x 15 cm
ESGOTADO

Nace esta colección como un último paso de difusión dos fondos documentais municipais da provincia de Pontevedra, dentro dos traballos do Plan de Organización de Archivos Municipales, que se iniciou en 1981. Cada un dos seus títulos contén unha pequena guía con información xeral sobre fondos e instalacións así como os instrumentos de descrición máis xenéricos –cadro de clasificación específico e inventario superficial– que se teñen elaborado no proceso de organización de cada arquivo. Organizado a partir de 1986, o Arquivo da Lama será con posterioridade revisado, resultando un total de 485 libros e 450 cartafoles. Os libros abarcan o período de 1839 a 1998, con algunhas perdas. A documentación encartafolada vai dende 1868 ata 1990.