ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.669
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.455

Vilagarcía das vellas postais, A

Vilagarcía das vellas postais, A
Diputación Provincial de Pontevedra, 2005
ISBN: 84-8457-219-6
272 p.
Il. b/n.; 30 x 21 cm
ESGOTADO

O libro recolle unha completa colección de postais de Vilagarcía que nos permiten realizar unha viaxe a esta vila entre os anos 1900 e 1936. Máis de duascentas compoñen a colección, a maioría tiradas nos anos 1900 a 1914, a época dourada das tarxetas postais. Toda esta parte gráfica acompáñase así mesmo de escritos e noticias aparecidas no diario local da época, “Galicia nueva”, que abarca o período 1907-1938, unha das fontes históricas fundamentais para os traballos de investigación sobre o concello e que axudan a recuperar a nosa memoria colectiva.