Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649
Marín. Un siglo para la historia

Diputación Provincial de Pontevedra, 2006
ISBN: 84-8457-254-4
221 p.
Il. b/n.; 23,5 x 17 cm
ESGOTADO
“Marín, un siglo para la historia” é un traballo que intenta amosar os cambios que, nalgúns aspectos, se foron sucedendo na vila de Marín durante o século pasado. A ampla colección de imaxes que aparecen reunidas nesta publicación dá mostra da profunda transformación experimentada na vila, fundamentalmente da gran cantidade de terreo que se lle gañou ó mar nunha forte aposta polo desenvolvemento industrial. Con todo, o transcurso do tempo e os cambios experimentados non impediron que Marín seguise a manter vivo un profundo vínculo con esta industria, con este mar e, por ende, coa súa propia identidade.