ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.599
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.498

Pontenova, 10.
Revista de Novos Investigadores

Pontenova, 10.<BR>Revista de Novos Investigadores
Diputación Provincial de Pontevedra, 2006
ISSN: 1133-7206
133 p.
Il. b/n.; 27,80 x 21,60 cm

Correspondente ó primeiro semestre de 2006 a revista Pontenova 10 ábrese cun artigo, El mito celta, un acercamiento historiográfico, un estudo das diversas versións e teorías acerca do mito celta desenvolvidas nos últimos douscentos anos. En A pesca fluvial tradicional nos concellos de Campo Lameiro e Moraña Alejando Güimil investiga as vellas artes de pesca fluvial destas zonas co obxectivo de que non se perdan no tempo. Estanislao Fernández de la Cigoña é o autor do artigo O novo mascarón de proa da nave viquinga de Catoira. En O cristo dos navegantes fálase dunha das principais festividades relixiosas de Redondela, a do Santísimo Cristo dos Navegantes “no seu paso da Agonía”, derivado da tradición mariñeira desta vila. Outros traballos recollidos nesta publicación son Castelao e os cegos, Algunhas consideracións sobre os alcumes en Moaña, Autoanálisis de la juventud de Marín, As escolas indianas en Tomiño, La gripe de 1918 e Procedimiento de embargo de bienes contra Antonio de Araújo, antiguo procurador general del Valle Miñor.