ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.599
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.498

Valle-Inclán en el fin de siglo. Femeninas

Valle-Inclán en el fin de siglo. Femeninas
Diputación Provincial de Pontevedra, 2005
ISBN: 84-8457-253-6
270 p.
27,5 x 29,5 cm

Valle-Inclán en el Fin de Siglo: Femeninas é un estudo que aborda de xeito global o primeiro libro de Ramón del Valle-Inclán, Femeninas. Seis historias amorosas (1895).

Xustifícase este traballo porque esta primeira publicación valleinclaniana se fragmentou a partir da primeira edición, nas sucesivas publicacións das novelas curtas que a compoñen. Cada unha delas tivo vida propia ao longo da produción literaria do autor, a través de publicacións en prensa ou en coleccións de relatos breves (Corte de amor, Historias perversas ou Historias de amor), pero nunca máis volveron a coincidir no mesmo libro. Isto motivou que a maior parte da bibliografía se ocupase de aspectos concretos de cada un dos relatos ou de estudos particulares de cada un deles, pero carecíase dun estudo conxunto do libro de 1895.