ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.529
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Nº 59
Inventario. Arquivo do Concello de Bueu

Nº 59 <BR>Inventario. Arquivo do Concello de Bueu
Diputación Provincial de Pontevedra, 2006
ISBN: 84-8457-265-X
104 p.
Il. b/n.; 22 x 16 cm
ESGOTADO

No ano 2004 o Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación procedeu a reorganizar e describir a documentación municipal de Bueu, de acordo co novo cadro de clasificación para arquivos municipais, concluíndo coa elaboración dos oportunos instrumentos, en soporte tradicional e informático, para o seu manexo e consulta.

Publícase aquí unha breve guía, o cadro de clasificación e o inventario básico das 2.775 unidades de instalación conservadas. Esta documentación, que sufrira nos últimos anos sucesivos traslados e avatares ata o seu destino actual, corresponde basicamente ós séculos dezanove e vinte, aínda que conserva documentos illados anteriores como unha escritura foral de 1503. En todo caso, son testemuño real de decisións, actuacións, servizos e accións desenvolvidas polo Concello e, polo tanto, unha fonte de extraordinaria importancia para o seu estudo e coñecemento, así como garantía de dereitos.