ATOPO
Rexistros actuais: 1.332.948
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.503

Nº 62
Inventario. Arquivo do Concello de Tui

Nº 62 <BR> Inventario. Arquivo do Concello de Tui
Diputación Provincial de Pontevedra, 2006
ISBN: 84-8457-268-4
141 p.
Il. b/n.; 22 x 16 cm
ESGOTADO

No ano 2006 o Servizo Técnico do Patrimonio Documental organizou o conxunto documental, coa mesma estrutura e formulación técnica có resto da provincia, incluíndo os considerables fondos producidos dende o anterior proceso de organización (1984-1987), e finalmente elaborando os instrumentos de control e información necesarios: cadro de clasificación, inventario básico e inventario detallado, utilizando para isto os medios informáticos habituais.

Coa intención dobre de espallar o seu coñecemento e garantir a súa conservación inclúese o resultado destes traballos neste volume da colección Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra. Recolle o inventario das 4.163 unidades de instalación conservadas, con documentación dende 1782 deica a actualidade.