ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.529
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e do balneario

Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e do balneario
Diputación de Pontevedra, 2006
ISBN: 84-8457-280-3
149 p.
21,5 x 15,5 cm

Este traballo, de Xoan Xosé Pérez Labaca, recolle as lendas, contos e relatos de Mondariz, Mondariz Balneario e do seu contorno.

Nun primeiro apartado, titulado “Lendas”, o autor trata de plasmar cousas importantes da historia local mondarizá, como son a Ponte de Cernadela, a lenda do carballo da Armada ou as do castelo de Sobroso, así como feitos de interese etnográfico, como a romaría de Santa Fariñeira ou o romance do mouro e o cristián. A segunda parte, denominada “Contos”, contén narracións curtas escoitadas polo autor, outras baseadas en feitos reais e outras inventadas. A terceira parte, “Outras narracións” trata asuntos máis recentes, como a historia da estatua do xardín, o mestre, a prosa inolvidable de Manuel Lamartín, ou os cesteiros de Mondariz, entre outros. Remata o traballo unha relación cos nomes reais e de ficción das xentes que aparecen nos diferentes relatos.