ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.669
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.455

Luces en papel

Luces en papel
Diputación Provincial de Pontevedra, 2007
ISAN: 0000-0001-ABB0-0000-P-0000-0000-0
0 p.

Tanto a forma coma o contido deste documental sobre o legado fotográfico-histórico de Pacheco é unha fusión entre o antigo e o moderno. É unha viaxe que mestura a estética dos retratos da alta clase social e dos aldeáns de principios do século pasado, das paisaxes do mar ou das rúas sen facer de Vigo coa do mundo dixital dos nosos días.

A historia está contada polos protagonistas: as voces dos familiares de Jaime Pacheco, fundador do estudio da rúa príncipe, concretamente o seu fillo Alberto e os seus netos. Tamén se contou coa colaboración do doutor Vítor Vaqueiro, especialista na arte de fotografar, e do escritor Francisco Castro.