ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.669
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.455

Aves costeiras

Aves costeiras
Diputación Provincial de Pontevedra, 2007
ISBN: 978-84-8457-288-9
79 p.
Il. col.; 24 x 17 cm

Esta guía de aves da costa viguesa é o resultado de moitos meses de observación das aves acuáticas presentes nas praias desta zona. A área de estudo inclúe así mesmo a desembocadura do río Lagares, coñecida como A Xunqueira.

Este libro recolle unha descrición de cada especie e, a continuación, séguelle a información relativa á súa alimentación, reprodución e costumes, así como o seu debuxo e fotografía. Remata o traballo cunha relación dos fotógrafos que colaboraron desinteresadamente na elaboración da guía e cun vocabulario específico empregado en ornitoloxía.