ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

Estrada rural, A

Estrada rural, A
Diputación Provincial de Pontevedra, 2007
ISBN: 978-84-8457-290-0
419 p.
Il. b/n.; 34 x 25 cm

Reedición da obra de Manuel Reimóndez, A Estrada rural, corrixida, ampliada e actualizada, pero cunha mesma función: recoller e establecer o carácter e riqueza do rural da Estrada.

Incorpórase nesta segunda edición unha planimetría actualizada na que se delimitan con precisión cada un dos lugares das parroquias estradenses. Tamén se inclúen aqueles aspectos máis relevantes e novos, como son a consolidación de importantes explotacións agro-gandeiras, a implantación de pequenas e medianas empresas, e o enriquecemento da vida cultural ou o acceso ás novas tecnoloxías.