ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Muíños do concello de Ribadumia

Muíños do concello de Ribadumia
Diputación Provincial de Pontevedra, 2007
ISBN: 978-84-8457-300-1
129 p.
Il. col.; 30 x 21 cm
ESGOTADO

Este libro pasa a formar parte da colección “Etnografía, socioloxía, antropoloxía” ó recoller un estudo en profundidade dos muíños do concello de Ribadumia. Analízanse neste traballo dous aspectos distintos pero relacionados entre si: por unha banda, a súa arquitectura e, pola outra, a súa historia.

O concello, a pesar da súa pequena extensión, posúe un elevado número de muíños, concretamente 34, que forman un conxunto heteroxéneo no que se atopan tipoloxías moi distintas. Entre todos eles, destaca o muíño de Cabanelas, un dos mellor construídos á beira do río Umia.