ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.669
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.455

Domingo Fontán no Parlamento

Domingo Fontán no Parlamento
Diputación provincial de Pontevedra, 2008
ISBN: 978-84-8457-293-0
222 p.
30 x 21 cm

Este traballo de Baldomero Cores comeza cunha breve referencia á vida e obra de Domingo Fontán. A continuación, recolle unha escolma das intervencións parlamentarias do ilustrado galego no tempo no que foi deputado, selección formada por textos procedentes dos Diarios de Sesións do Congreso dos Deputados.

Coa información proporcionada no libro poderemos facernos unha idea moi clara da visión de Domingo Fontán sobre os grandes problemas do seu tempo. Recóllense, así mesmo, as referencias que fixo sobre Galicia e aquelas incidencias nas que aparecía a singularidade galega.