ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

Rodeiro, unha terra con historia

Rodeiro, unha terra con historia
Diputación provincial de Pontevedra, 2008
ISBN: 978-84-8457-310-4
382 p.
Il. b/n.; 24 x 17 cm

Este estudo divulgativo do concello de Rodeiro comprende unha recompilación de 17 artigos de diversos autores que percorren distintos campos do saber. Divídese concretamente en dous apartados: un relativo á “Xeografía e medio natural” e outro dedicado á “Historia, arte e patrimonio”.

Este traballo concibiuse co ánimo de dar a coñecer parte da riqueza que esconden as terras de Camba. Pretende, así mesmo, converterse nunha rampla de lanzamento para que os académicos decidan orientar ou complementar o seu labor investigador nesta zona.