ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

Crónicas y estampas de Baiona la Real

Crónicas y estampas de Baiona la Real
Diputación Provincial de Pontevedra, 2008
ISBN: 978-84-8457-316-6
300 p.
Il. b/n.; 30,5 x 22 cm
ESGOTADO

Baiona é o obxecto de investigación neste estudo que comeza cos primeiros miñoranos e baioneses, e remata no momento no que os canóns de Monte Real tronaron por última vez en 1843. Por ese longo camiño da historia atoparémonos co mundo castrexo, o romano, a Alfonso IX, o duque de Lancaster, Pedro Madruga e Francis Drake, entre outros moitos.

É de destacar o abundante material gráfico da primeira metade do século XX que contén o traballo, un material que, dende a súa inicial publicación, non fora reeditado e permanecía descoñecido para a maior parte do público.

En definitiva, é esta unha obra que contén información, fotografías e outros documentos co fin de achegarlles ós lectores a realidade histórica da vila de Baiona la Real.