ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.728
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.461

Pedro Dobao

Pedro Dobao
Deputación de Pontevedra, 2009
ISBN: 978-84-8457-328-9
210 p.
Il. col.; 25,5 x 22 cm

Pedro Dobao, naceu no Barco de Valdeorras (Ourense) o 15 de agosto de 1945. Trasládase a Madrid para estudar na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Xa en Barcelona abre taller propio, ten vinte e cinco anos e participa en diversas exposicións que o dan a coñecer. Con trinta decide regresar a Vigo e comeza a distribuír os seus monumentos públicos por toda Galicia. Acepta encargos, fai escultura relixiosa e comeza a abordar temas sociais e históricos. Para coñecer ó escultor temos que percorrer Galicia, os seus camiños, prazas urbanas, recunchos recoletos, onde foi deixando as súas creacións en pedra, bronce, ferro ou en outros materiais coma o aceiro cortén ou o granito do país. Entre a súa obra pública atopamos no concello das Neves “Liñeira” e “Á familia”, na Guarda “Arquitectura” e “Mujer desconsolada”, en Vigo “Muller traballadora”, en Poio “Ulular do vento”, “Lavandeiras” en Marín… Algunhas das súas esculturas máis representativas: “Moisés” (en madeira, 1968), “Custodia do pensamento” (en ferro, 1982), “Amencer” (resina, 1987), “Contorsionista” (Bronce, 1987), “Prensa” (madeira, metacrilato e ferro, 1999), “Custodia do espazo” (aceiro, latón e bronce, 2003), “Diferenzas” (mármore, bronce e resina)… O artista tamén compón espellos e murais.