ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal, Os. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia

Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal, Os. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia
Deputación de Pontevedra, 2009
ISBN: 978-84-8457-311-1
213 p.
Il. col.;
ESGOTADO

Este libro pasa a formar parte da colección “Etnografía, socioloxía, antropoloxía” do Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, ó recoller un estudo histórico-etnográfico dos muíños do concello do Rosal, que pretende dar a coñecer, divulgar e defender o patrimonio municipal. Os sesenta e sete muíños do Folón e do Picón atópanse na freguesía de Santa Mariña, no concello do Rosal, bisbarra do Baixo Miño, en Pontevedra. Consérvanse 31 muíños no Picón e 36 no Folón. Constitúen un legado que se remonta ós séculos XVII e XVIII, orixinando un complexo histórico-etnográfico-industrial, quizais único en Europa, coa peculiaridade de atoparse en dúas ringleiras a través da fervenza, multiplicándose así a enerxía hidráulica.