Xoán Vidal Martínez. Vida e obra

O libro narra a vida e a obra de Xoán Vidal Martínez, nado o 29 de marzo de 1904 no Pino (Pontevedra). Comezou a su andaina literaria en 1920 cando funda o quincenario Hebe, onde publica os seus primeiros poemas, un ano despois vería a luz o seu primeiro libro de poemas Mágoas. En 1922 funda Alborada, revista e selo editorial que publicaría en 1927 Proel, de Amado Carballo e Alcor, de Xoan Vidal. Nestes anos colabora en diferentes xornais e revistas literarias de época coma Nós, Alfar, Resol, Vida Gallega, Galicia, A Nosa terra, Pueblo Gallego… En 1932 funda Cristal, revista bilingüe na que colaboran grandes figuras das artes e das letras coma García Lorca, Castelao, Bouza Brei, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo… En 1933 contrae matrimonio, cesa a súa actividade literaria para converterse en mestre e pasa varios anos de traslados por escolas de Galicia ata rematar en 1946, que se asenta coa súa esposa na localidade coruñesa de Ares. En 1968 marcha ás Illas Canarias e non regresaría a Pontevedra ata o 1986.