ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.161
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Mujer y educación. Su breve historia

Mujer y educación. Su breve historia
Deputación de Pontevedra, 2009
ISBN: 978-84-8457-326-5
239 p.
24 x 17 cm

A través da súa lectura descubriremos como foi a educación da muller ó longo da historia, en diferentes lugares e momentos, no mundo oriental (China, India, Persia, Egipto, no pobo hebreo), no mundo clásico (Grecia e Roma) coa aparición das primeiras manifestacións educativas, o nacemento das cidades estado Esparta e Atenas, a organización familiar e o ideal educativo na antiga Roma, a influencia do cristianismo na educación da muller, a Idade Media, a Idade Moderna (Humanismo e Renacemento), ata a Idade Contemporánea e o século XX e a educación da muller. O mito da desigualdade ponse en tela de xuízo a mediados do século XIX coa aparición de mulleres que destacaron en campos científicos considerados ata entón privativos do home, xa que no caso de recoñecerlle á muller unha capacidade equivalente á do home limitábase só á rama das letras. Entre as mulleres máis destacadas: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Madame Curie, María Montessori e Gabriela Mistral…