ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.037
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.460

De la reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad 1927-1958

De la reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad 1927-1958
Deputación de Pontevedra, 2009
ISBN: 846133059-1
245 p.
Il. b/n.; 25 x 29 cm

O libro recrea as diferentes etapas desa reforestación que coinciden cos mandatos de distintos presidentes da Deputación perante eses 30 anos. Daniel de la Sota inicia o exitoso proxecto e en só tres anos plántanse 5.000 hectáreas e realízanse investigacións sobre o pino. Perante os anos 30, a reforestación non avanza a pesar diso de que todos os partidos consideran a repoboación tarefa ineludible. Posteriormente, Rafael Picó retoma a repoboación facendo un Consorcio co Estado e con concellos que ceden montes. En 1946, Pontevedra encabezaba o ranking da reforestación en España con 4.777 hectáreas. Comenza o despegue do Centro Forestal de Lourizán, con Fernando Molina como director, iníciase o seu famoso Arboreto e entra en funcionamento a Escola de Capataces. A etapa de Luis Rocafort, presidente nos anos 50, foi o momento do gran éxito da repoboación forestal que culmina na industrialización. Entre 1951 e 1954 repobóanse tantas hectáreas como nos 25 anos anteriores. A Misión Biolóxica encabeza en 1955 un plan de mellora e rexeneración do castaño que encumbra a Ernesto Viéitez Cortizo como gran investigador e merece o recoñecemento internacional da FAO. En 1956 a Deputación crea o seu primeiro plan integral de loita contra os incendios para afrontar as grandes queimas de anos anteriores.