ATOPO
Rexistros actuais: 1.334.599
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.498

Gallego en el Dakar desde un hotel de mil estrellas, Un

Gallego en el Dakar desde un hotel de mil estrellas, Un
Deputación de Pontevedra, 2009
ISBN: Edición non venal
111 p.
Il. col.; 21 x 15 cm
ESGOTADO

Comezamos cun paseo polo centro de Bos Aires, que nos levaría case dúas horas, onde decenas de miles de arxentinos, máis de cen mil persoas segundo a prensa local, tomaran as rúas para aclamarnos, aplaudirnos, animarmos, pedirnos autógrafos, sacarnos miles de fotos e estreitarnos a man. Bos Aires colapsouse e todo o país estaba revolucionado coa chegada da proba de motor máis dura do mundo, que percorrería, a través de Arxentina e Chile, case 10.000 Km, pasando por unha gran cordilleira andina e regresando mesmo polo deserto máis seco e de maior altitude do mundo, o Atacama. Esperábannos catorce durísimas etapas cun só día de descanso en Valparaíso (Chile).