ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.566
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.494

2 mentes 1 pulso

2 mentes 1 pulso
Deputación de Pontevedra, 2009
ISBN: 978-84-8457-331-9
162 p.
Il. col.;

2 mentes 1 pulso describe a obra plástica “Exequias”, de Carlos Maño e Enrique X. Macías Alonso, integrada por un total de 27 monotipos realizados durante os anos 1993-1995, en papel Super Alfa Guarro Marfil de 250 gr, en follas de 100 x 70 cm e montados en marcos de teca, formato caixa, neles establécese un diálogo entre ambos autores. Intégranse nunha soa obra técnicas tan dispares coma o gravado en augaforte, collage de fotocopias, anotacións, correccións, creación de pegadas naturais a través de marcas de auga, superposición de pranchas… Carlos Maño estudou na Escola AA. OO. de Santiago de Compostela; en 1980 fórmase na Escola de Vigo e en 1983 convértese en bolseiro da Deputación de Pontevedra. A súa obra foi exposta: no Castelo de Soutomaior, Fundación Caixa Nova, galería Carmen de la Guerra, galería Hartmann, galería C5… Enrique X. Macías naceu en Vigo en 1958 e faleceu en 1995. Músico autodidacta, foi compositor na Radio Finlandesa e na Academia de Música de Cracovia. A súa obra foi gravada para as radios europeas máis importantes (RNE, RAI, Radio France, NOS...); A discografía completa totaliza 4 elepés e 5 cedés. O libro contén textos de Concha Fontenla, Carlos L. Bernárdez, Ana Braga e Carlos Maño, e fotos de María Justel Nandín e o propio Carlos Maño. 2 mentes 1 pulso é a última obra da colección “Arte” da Editorial da Deputación, dedicada ás monografías dos artistas galegos dende 1991. Esta colección recolle títulos coma: “Xulio Gil”, “Pedro Solveira”, “Freixanes”, “Antón Lamazares”, “Pedro Dobao”…