ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.086
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.460

Balneario de Lérez, El. La aventura termal de Casimiro Gómez

Balneario de Lérez, El. La aventura termal de Casimiro Gómez
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-335-7
222 p.
Il. b/n.; 27,5 x 21 cm
ESGOTADO

O libro fai un percorrido pola historia do termalismo galego presente dende a época romana ata o seu período de máximo esplendor no século XIX : os baños de Cuntis, o balneario de Mondariz, o balneario do Lérez…, e máis en concreto polo balneario do Lérez e a vida de Casimiro Gómez, o seu fundador. A finais do século XIX Casimiro Gómez merca a finca de Monte Porreiro, na que crea a empresa Aguas Minerales Lérez, que se converteu nunha das súas marcas máis famosas a nivel internacional, chegando a editar en Arxentina a revista Lérez, que divulgaba as propiedades terapéuticas das augas. O 22 de agosto de 1906, durante as festas da Peregrina, inaugúrase en Monte Porreiro o Balneario de Lérez, visitado por milleiros de persoas cada ano para beneficiarse das propiedades curativas das augas. Esta publicación viu a luz grazas ó intenso traballo de recompilación de información e das imaxes, levado a cabo polo autor do libro, Xosé Manuel Pereira Fernández, a través do Arquivo histórico diocesano de Santiago de Compostela, o Arquivo histórico municipal de Pontevedra, o Arquivo histórico provincial de Pontevedra, Céltiga, El Áncora, Diario de Pontevedra, La Correspondencia Gallega, Lérez…