ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Wenceslao Fernández Flórez. Artículos selectos

Wenceslao Fernández Flórez. Artículos selectos
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-321-0
245 p.
21 x 14 cm

O escritor galego Wenceslao Fernández Flórez naceu o 11 de febreiro de 1885 na Coruña e morre, en Madrid en 1964 ós 79 anos. O seu primeiro traballo como redactor foi no xornal “La Mañana”, posteriormente irá publicando os seus artigos en “El Heraldo de Galicia”, “Diario de La Coruña”, “El Noroeste”, “Diario Ferrolano”, do que foi director… Máis tarde se traslada a Madrid e colabora en xornais como “El Liberal”, “Tribuna”, “EL Imparcial” e o “ABC”. En 1917 recibe o premio do Círculo de Belas Artes pola súa novela “Volvoreta”; tamén recibiu o premio Chirel da R.A.E. polo seu título “Las gafas del diablo” e en 1926 o Premio Nacional de Literatura. É elixido membro de número da Real Academia Española en 1934, ocupará o sillón “S” en substitución do helenista José Alemany y Bolufer. Amais das anteriormente citadas, entre as súas obras podemos destacar: “El secreto de barba azul”, “El malvado carabel”, “La novela número 13”, “El espejo irónico”, “El país de papel”… En 1998 créase a Fundación Wenceslao Fernández Flórez co obxectivo de difundir e dar a coñecer o escritor, a súa obra e o seu contorno. Os temas máis presentes nas crónicas do xornalista son a política, os usos e costumes, o teatro, as viaxes, os toros e o fútbol. Este libro, que narra a vida e obra do xornalista e escritor Wenceslao Fernández Flórez, pertence á colección Poesía e narrativa da Editorial da Deputación de Pontevedra, dedicada a todo tipo de expresión e desenvolvemento formal dende a súa creación en 1987.