ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo. 120 años de historia

Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo. 120 años de historia
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-343-2
288 p.
Il. b/n.; 28 x 29 cm

Con motivo da celebración do 120 aniversario do Círculo Cutural, Mercantil e Industrial de Vigo publícase este libro, que pretende recuperar a historia dunha das institucións máis emblemáticas da cidade olívica. O libro reconstrúe as orixes do Círculo Mercantil e as diferentes etapas da súa evolución desde a súa fundación no século XIX ata os nosos días. Recolle os feitos máis destacados da súa historia, referentes a diversos campos como a educación, o comercio, a industria, a cultura, a asistencia social, o deporte e tamén a política, xa que varios dos seus presidentes chegaron a ser alcaldes da cidade. Recolle as orixes do Círculo que van parellas co espertar da cidade de Vigo, facendo necesaria a su creación pola forte demanda empresarial. O 12 de marzo de 1891 nace o Centro de Instrucción Mercantil con dous obxectivos fundamentais: a formación profesional e a colocación laboral. En 1904 acórdase cambiar a denominación pola de “Círculo Cultural e Industrial”, en 1951 denominarase “Círculo Recreativo Mercantil e Industrial de Vigo”, ata que finalmente en 1965 adopta o nome actual “Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo”. A publicación amósanos a historia do Círculo, os feitos máis estelares coma o incendio do teatro Rosalía de Castro ou a inauguración por parte dos Reis de España; os concertos, as conferencias, os cursos, os eventos, as exposicións, o importante labor social, as viaxes, as anécdotas e curiosidades máis relevantes e remata cun anexo onde aparecen os presidentes da entidade, as mencións nos medios de comunicación, as homenaxes e as efemérides; todo isto acompañado de fotografías e imaxes recollidas polo autor.