ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.669
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.455

Milagres de Amil, Os

Milagres de Amil, Os
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-346-3
80 p.
Il. b/n.; 29 x 24 cm

Tino Martínez é un fotografo nacido en Santiago de Compostela, ó que sempre lle chamaron a atención as diferentes manifestacións relixiosas que se desenvolven en Galicia: o Corpiño, o Nazareno, os Milagres de Amil, Santa Marta de Ribarteme, Santo Andrés de Teixido, San Bieito…; nas que busca retratar a parte máis intima, a relación das persoas cos santos. Esta publicación en branco e negro é unha parte do traballo feito polo fotógrafo entre 1982 e 2009, no que se reflicten as diferentes asistencias á romaría dos Milagres de Amil. Fai un percorrido en imaxes pola historia da romaría. É un traballo serio, con rigor e respecto, na liña marcada polo fotógrafo dende os seus comezos. A publicación viu a luz grazas ó intenso traballo de recompilación das imaxes, levado a cabo por Tino Martínez. O seu traballo foi exposto en máis de 50 salas e museos de Galicia, España, Portugal, Bretaña, Milán e Nova York… Actualmente está exposta no Novo edificio do Museo de Pontevedra.