ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.957
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.496

Salnés, O

Salnés, O
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-348-7
189 p.
Il. col.; 30,5 x 22 cm
ESGOTADO

É unha monografía erixida en torno ó Salnés, tanto o da costa como o interior, a súa historia, a tradición, as súas xentes, os seus recordos, a súa transformación, os seus concellos e as súas peculiaridades. Dividido en quince capítulos: La tierra, Cambados, El albariño, El Pazo de Fefiñanes, O viño da casa, El monasterio de la Armenteira, Emigración: tragedia, soledad, riqueza, cultura, Erminda Lorenzo, Benito Vila, La mar, Milagros Pérez, O Grove, A Toxa, Loliña e Villa de reyes; o libro amósanos as tradicións recollidas nos testemuños das persoas, coas transformacións sufridas polo paso do tempo. Os autores fan un percorrido polo Salnés, e a súa paisaxe caótica, polo Cambados de Ramón Cabanillas e do pazo Fefiñáns, polo Albariño, festa que se celebra desde 1952, polo Grove e a illa da Toxa, acompañados dos testemuños dalgúns persoeiros do Salnés coma Erminda Lorenzo, Benito Vila, Milagros Pérez ou Loliña Esta obra é, polo de agora, a última da colección “Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía” do Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra, que está integrada por aqueles libros que teñen como fondo as interrelacións humanas, é dicir, estudos de tipo sociolóxico, de comportamento (antropoloxía cultural), ademais daqueles outros que amosan os testemuños físicos derivados das vivencias das comunidades humanas. Esta colección recolle títulos coma: Hórreos de Pontevedra; Mujer y educación. Su breve historia; Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia; Labrado de gentes. Matrices culturales de las prácticas laborales en la aldea gallega y su transformación…