ATOPO
Rexistros actuais: 1.332.324
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.655

Carballo monumental de O Pelete, El

Carballo monumental de O Pelete, El
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-350-0
574 p.
Il. col.; 31 x 22 cm
ESGOTADO

O carballo é a árbore embaixadora de Galicia, beneficiosa pola excelente calidade da madeira, a alta achega calórica, os taninos da súa corteza, as cualidades da follaxe e as posibilidades alimenticias dos seus froitos, en forma de fariñas e tortas. Galicia conta con máis de 300 millóns de carballos, que representan a permanencia e a imbatibilidade ante as dificultades, da mesma forma que o galego emigra e se enfronta ante inxentes dificultades. O Carballo de O Pelete forma parte do Inventario de árboles sobresalientes (Xunta de Galicia, 1985), o Catálogo de árboles monumentales (Rodríguez Dacal&Izco, 2003) e o Catálogo de árbores senlleiras (Diario Oficial de Galicia 2007b). O principal atractivo deste carballo é a festa da Virxe dos Remedios, que consiste en arroxar viño tinto do Ribeiro, traído polos arrieiros dende o Ribeiro, ás raíces da vella árbore como tributo á terra. No ámbito parroquial coñécese coma o Carballo da Santa. Quizais este carballo é o último tetemuño dunha caballeira sagrada que en tempos da romanización poboaba as montañas do Pelete. Viu pasar centos de xeracións. O Quercus lamés (situado no municipio da Lama, parroquia de San Sebastián de Covelo e o lugar do Pelete) é probablemente o irmán no tempo do carballo de Santa Margarida, que pola súa idade é o máis importante de Galicia. Este libro escríbese porque da mesma forma que os pobos se caracterizan polos seus feitos históricos, a natureza conforma os seus monumentos e dalles o sentido para representala.