ATOPO
Rexistros actuais: 1.333.957
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.496

Lingua galega entre 1963 e 1975, A. Situación social e discursos dende o galeguismo

Lingua galega entre 1963 e 1975, A. Situación social e discursos dende o galeguismo
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-352-4
242 p.
24 x 17,5 cm

Pertencente á colección Ensaio e investigación, este libro é unha contribución á reconstrución da historia sociolingüística do galego. Abarca doce anos durante os cales unha serie de condicionamentos sociais e políticos inflúen decisivamente sobre o idioma. No ano 1963 vólvese a publicar a revista Grial; é o centenario da edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, e a Real Academia Galega instaura o Día das Letras Galegas. En 1975 morre Franco e comeza o período de transición cara á democracia. A autora analiza os factores máis salientables dese período: a política represiva da Ditadura, o cambio á democracia, a promoción do galego nos últimos anos, o marco histórico do momento, a situación económica e demográfica en Galicia, o uso escrito e falado do galego, a Universidade, a Real Academia Galega, as principais asociacións culturais, a Fundación Penzol…, remata cunha lista das publicacións que se editaron en galego entre 1963-1975. Este libro pertence á colección Ensaio e Investigación. María Dolores Villanueva Gesteira é autora tamén da obra Lingua en sociedade. A aldea da Xesteira, editada polo Servizo de Publicacións.