ATOPO
Rexistros actuais: 1.336.136
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.467

Ruta Marítimo Xacobea del Mar de Arousa y río Ulla, un don del Apóstol

Ruta Marítimo Xacobea del Mar de Arousa y río Ulla, un don del Apóstol
Deputación de Pontevedra, 2010
ISBN: 978-84-8457-355-5
208 p.
Il. col.; 24 x 17 cm

Pertencente á colección Ensaio e investigación, este libro é un estudo histórico-cutlural que percorre as parroquias, aldeas, vilas e cidades polas que pasou o corpo decapitado do Apóstolo Santiago, no seu camiño dende Jaffa ata Iria Flavia. A intención do autor é dar a coñecer algúns dos aspectos dos concellos que forman a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e río Ulla: situación, parroquias, historia, monumentos, persoeiros, festas locais… O libro está estruturado en 23 capítulos que percorren o camiño dende Sanxenxo ata Brión, pasando polo O Grove, Meaño, Meis, Cambados, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Boiro, Rianxo, Catoira, Valga, Pontecesures, Padrón… Este libro é o máis recente da colección Ensaio e Investigación, da Editorial da Deputación de Pontevedra, na que se inclúen outros títulos: Todo Valle-Inclán en Roma (1933-1936). Edición, anotación, índices y facsímiles; Comunicación y protocolo en el espacio social; La navegación a vela por las Rías Bajas… Ademais de A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo, que será presentado pola deputada María Teresa Pedrosa este venres 28 en Pontevedra. Outro libro editado polo Servizo de Publciacións e do que é autor Daniel Garrido Castromñan é: Cortegada. Una isla real.