ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Conde de Cabanelas

Conde de Cabanelas
Deputación de Pontevedra, 2013
ISBN: 978-84-8457-402-6
176 p.
Il. col.; 28,1 x 19,5 cm.

A vida e a altruísta obra de Manuel Barreiro Cabanelas é tratada nesta publicación de xeito ameno e cativador polos seus autores, Xesús Franco e Eugenio González. Este home, de procedencia humilde, buscou desde a súa aldea o afastado destino que o esperaba ó outro lado do Atlántico. Río de Janeiro será o lugar que o acolla. Alí Conde Cabanelas deixará a súa impronta como empresario, pero sobre todo como persoa. Dende alí coidará tanto dos galegos que coma el se achegaron a aquela terra coma dos que deixara en Covelo, na Lama, mandando en cada ocasión que tiña a axuda económica necesaria para o progreso do concello.