ATOPO
Rexistros actuais: 1.328.828
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.698

Nosa Señora do Refuxio. A Divina Peregrina

Nosa Señora do Refuxio. A Divina Peregrina
Deputación de Pontevedra, 2017
ISBN: 978-84-8457-466-8
185 p.
Il. b/n.; 17 x 24

Roberto Taboada Rivadulla presenta un minucioso traballo sobre a orixe e evolución da capela da Peregrina de Pontevedra. O autor tamén narra o nacemento da confraría da Nosa Señora do Refuxio a Divina Peregrina. Ademais, completa este traballo cun arquivo fotográfico, no que se poden encontrar imaxes das esculturas da Virxe Peregrina ou do santuario en distintas épocas históricas.