Salceda de Caselas nos tempos da emigración a América

A emigración non foi só un proceso de partida e adeus, senón que tivo un enorme impacto na evolución de Galicia. Resulta conmovedor coñecer os avatares e dificultades que enfrontou a comunidade galega no exterior e ó mesmo tempo creou sinerxías, mesturou culturas, abriu horizontes e propiciou un rico troco cuxas repercusións chegan ata os nosos días. Este é un exhaustivo relato de Salceda de Caselas entre os séculos XIX e XX que nos mergulla no fenómeno migratorio desta vila e, por extensión a Galicia; en moitas ocasións para coñecer mellor un fito histórico de alcance global, é o mellor método indagar nun microcosmos próximo. Este é un libro de historias que pertencen ao patrimonio da nosa provincia e de toda a comunidade, da nosa cultura común.