ATOPO
Rexistros actuais: 1.103.516
Obxectos dixitais dispoñibles: 416.326

OUTROS SONS

Os sons naturais e artificiais que nos rodean configuran unha paisaxe sonora única e con identidade de seu. Mais esta sonoridade singular que caracteriza cada lugar non é estática nin permanente, xa que de maneira inevitable certos sons desaparecen e outros novos xorden paralelamente ás constantes mudanzas do mundo no que vivimos, polo que cómpre recompilalos para non perder o vencello co noso pasado recente.

Así pois, a colección Outros Sons creouse para recoller os sons da natureza, do ambiente e da actividade humana da provincia de Pontevedra e de toda Galicia. Neste momento está formada, aproximadamente, por un cento de discos compactos cunha selección dos traballos de campo realizados na provincia de Pontevedra principalmente pola investigadora e especialista en bioacústica Eva Julián Adán entre 2003 e 2007.

Podemos agrupar os sons recollidos en tres apartados: ambientes sonoros naturais (vento, mar, ríos, fragas, acantilados, terremoto de 2006, animais), ambientes sonoros artificiais (Centro Oceanográfico de Vigo, serradoiros, muíños, embarcacións, romarías) e toques de campás de distintas parroquias da provincia.

  • Praia Punta de Couso, Cangas

  • Cabo Home, Cangas

  • Noite de primaveira

  • Bestas con cinzarras

  • Regato en Ermelo, Bueu

  • Terremoto, cans ouveando, Darbo

  • Tanque de reprodutores, Centro Oceanográfico de Vigo

  • Afiador, Moaña

  • Muiño de Meiro, Bueu

  • Labrego arando cun boi, Meiro

  • Silbato e máquinas galeón Hidria II, Bueu

  • Moucho, Monte Aloia

  • Peto verdeal, Monte Aloia

  • Caudal río Ulla, Antas de Ulla

  • Vento temporal, O Hío

  • Muller fiando nunha roca

  • Muller tecendo nun tear artesanal

  • Repique festa maior, San Martiño do Grove

  • Chamada a misa, Santa María de Oia

  • Repenique de carillón, Iglesia da Virxe Peregrina de Pontevedra

  • Toque defunción home, Santa María da Guarda

  • Toque defunción muller, Santiago de Arcade

  • Toque defunción sacerdote, Santa Mariña Dozo de Cambados

  • Toque de alarma, San Miguel de Catoira