ATOPO
Rexistros actuais: 1.326.313
Obxectos dixitais dispoñibles: 492.826

Cae de caixón

16 de decembro de 2022

Que é "Cae de caixón"?

É unha campaña de captación e recompilación de arquivos privados (imaxes, cartas e outros documentos) sobre memoria histórica para incorporalos ao Arquivo da Deputación.

A súa finalidade é que o material que poida ter interese para a poboación pola súa relación co golpe de Estado do 36, co tempo inmediatamente anterior ou coa ditadura, saia do ámbito privado para achegar a memoria á sociedade en xeral e á xente investigadora en particular.

Como xorde a iniciativa?

A iniciativa nace da confluencia de dúas vontades: a da propia Deputación, que quere nutrir o arquivo de todo o material posible relacionado coa memoria histórica, e a da cidadanía, que moitas veces é consciente de que ten na casa material de interese para a investigación da memoria histórica pero non sabe como canalizalo.

Que facemos cos fondos?

As persoas, familias ou institucións propietarias do material deben achegalo (por uns días) para poder dixitalizalo. Logo, os orixinais devólvenselles e, ademais, reciben un USB con todos os fondos en formato dixital.

O obxectivo da Deputación é facer público o material e, tamén, que se poida descargar a través de Atopo, pero sempre baixo a decisión das persoas, familias ou institucións propietarias que, ademais, poden decidir se:

  • Ceden o material só para consultar en sala por persoas investigadoras
  • Ceden o material para que apareza en Atopo, pero coa condición de que sexa necesario pedir permiso concreto para usalo noutros ámbitos
  • Ceden o material para descarga libre e para que se utilice en investigacións ou publicacións posteriores. Neste caso poden decidir tamén deixar fóra desas cesións as que teñan carácter comercial

Como contactar?

As persoas interesadas poden mandar un correo-e a memoriahistorica@depo.gal ou poñerse en contacto persoalmente co Arquivo Provincial, onde se lles informará de todo e se concertará unha cita para unha primeira reunión co equipo.

Que fondos están xa incorporados?

Que fotos temos nos fondos?