ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.648
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.442

Fondos

COLECCIÓN DOCUMENTAL MEMORIA HISTÓRICA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.28

  • Título COLECCIÓN DOCUMENTAL MEMORIA HISTÓRICA

  • Data(s) 1900-2022 (Creación)

  • Volume e soporte 7 unidades de instalación; 923 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra(1836-) En Galicia, a primeira Deputación constitúese o 19 de marzo de 1813, presidida polo marqués de Campo Sagrado, contando cun vicepresidente e sete vogais representando as sete cidades capitais das antigas provincias. O nacemento da provincia como entidade local con vida propia data da Constitución de Cádiz, aprobada no ano 1812, que estableceu por vez primeira no seu artigo 325 unhas institucións, as deputacións provinciais, concibidas como órgano rector de cada unha delas, presididas polo xefe superior e con funcións básicas de control e vixilancia da administración dos lugares que integran aquela. Haberá que esperar ata o decreto das Cortes de 27 de xaneiro de 1822 para que se plasme unha nova división provincial que divide a Galicia nas catro provincias actuais, con pequenas variacións, asignándose a capitalidade da provincia actual á Vigo, onde se constituirá a Deputación Provincial o 24 de maio de 1822, chegando a funcionar algo máis dun ano, data na que volven ser suprimidas pola restitución do rei Fernando VII. Co decreto de 30 de novembro de 1833, inspirado por Javier de Burgos, iníciase o proceso definitivo que culmina coa restitución das catro provincias galegas actuais e a constitución das Deputacións actuais, sendo o 12 de febreiro de 1836 cando se constitúe definitivamente a de Pontevedra, logo de certas disputas coa cidade de Vigo, reticente a perder a capitalidade. Desde o ano 1836 ata hoxe, a Deputación vén desempeñando con total continuidade un amplo abano de funcións e actividades, que foron variando de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. Inicialmente, a Constitución de Cádiz asígnalle as funcións de aprobar os repartimentos das contribucións dos pobos da provincia, velar polo axeitado investimento dos fondos públicos, coidar o establecemento dos concellos, propoñerlle arbitrios ó Goberno, promover a educación, a agricultura e a industria, formar o censo e a estatística provincial, coidar dos centros benéficos e dar conta das infraccións que xurdan na provincia. A lexislación actual asígnalle as competencias propias de coordinar os servizos municipais entre si para garantir a súa prestación adecuada; a asistencia xurídica, económica e técnica ós concellos; a prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, en xeral, o fomento dos intereses particulares da provincia. Este cúmulo de xeneralidades que se vén mantendo en toda a lexislación local provocou unha serie de actuacións moi diversificadas, das que quedarán moitos testemuños documentais e que se reflicten no cadro de clasificación do fondo documental desta institución. As modificacións alcanzaron tamén a propia organización da institución e a designación, competencias e denominación dos seus órganos de goberno e órganos administrativos. O órgano unipersoal que dirixe a Deputación é inicialmente o xefe político, antecedente directo do gobernador civil, sendo o primeiro presidente desta institución D. Miguel del Pino. En 1863 establécese que a Corporación elixa entre os seus membros un presidente para cada sesión, pero logo o sexenio revolucionario volve á figura do gobernador civil- presidente de facto. Será a lei de 1870 a que estableza a figura do presidente para un período de sesións, sendo nomeado polo propio gobernador civil ou pola Corporación dependendo do momento. Con posterioridade, na maior parte das ocasións será o gobernador o que nomee directamente ó Presidente e non será ata o ano 1950 cando apareza a figura do presidente da Deputación como órgano diferenciado e independente do gobernador civil, que aínda así e todo permanecerá como presidente nato da institución ata 1978. No período democrático o presidente e un órgano electo, de forma indirecta, entre e polos deputados provinciais. Nun principio o número de deputados que integraban o Pleno da Corporación era de sete, un por partido xudicial, variando sucesivamente tanto a fórmula de elección coma o número total destes, alcanzando na actualidade un total de 27 deputados, como representación proporcional ó número de habitantes dos 13 partidos xudiciais. Esta estrutura complétase con outros órganos colexiados estables, ademais das variables comisións informativas e especiais creadas en cada período.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra ten un dobre obxectivo: *Recuperar a memoria silenciada polo golpe de Estado de 1936 desde unha perspectiva de clase, país e xénero, retomando a identidade colectiva a través da historia de persoas e organismos que traballaron por unha sociedade máis igualitaria e que viron o seu soño truncado polo fascismo. *Loitar contra a impunidade do réxime franquista, apoiando e adoptando canta medida estea ao noso alcance para recoñecer e reparar a memoria das vítimas do 36, da ditadura franquista e dos anos da transición. Para iso, o departamento realizará tarefas de investigación, asesoramento, divulgación e homenaxe encamiñadas á procura da verdade, á xustiza, á reparación e á garantía de non repetición. Nesta liña de actuación ponse en marcha esta COLECCIÓN DOCUMENTAL MEMORIA HISTÓRICA destinada a organización e descrición daquelas achegas documentais, en calquera soporte, referidas ao tema e a o periodo concreto e que se poidan ir recuperando por calquera fórmula ou procedemento. Iníciase a colección cun depósito gratuito de documentos pertencentes a José Manuel Rodríguez Fernández, que fora director da prisión provincial de Pontevedra e do campo de concentración de Figueirido, cedido gratuitamente polo anticuario pontevedrés Rogelio Torres Hermida (Numismática Sarmiento). Ten continuidade no Proxecto Cae de caixón" e no depósito, entre outros, de documentos diversos feito por Manuel Reboiras.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición