Fondos
2. DELEGACIÓN PROVINCIAL DA SECCIÓN FEMININA DE PONTEVEDRA
DELEGACIÓN PROVINCIAL DA SECCIÓN FEMININA DE PONTEVEDRA
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.6.2
Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DA SECCIÓN FEMININA DE PONTEVEDRA
Data(s) 1936-1982 (Creación)
Volume e soporte 145 unidades de instalación ( 86 unidades de instalación e 50 libros en soporte papel en soporte papel na súa totalidade); 581 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional da Sección Feminina(1937-1977) En 1934 nace a Sección Femenina da Falange cunha función asistencial, pero a partir do Decreto de unificación do 19 de abril de 1937, coa creación de Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, verá aumentadas as súas competencias establecéndose a Delegación Nacional da Sección Feminina para a mobilización e formación da muller, ademais da de Auxili o Social e Fronte e Hospitais. Segundo o Decreto do 31 de xullo de 1939 o delegado nacional establecerá as delegacións provinciais e locais. Os delegados provincia is actuarán baixo a disciplina política dos xefes provinciais, pero, na súa función específica, baixo a autoridade e orientación directa do delegado nacional. O Decreto do 28 de decembro de 1939 establece formalmente as súas funcións e adscribe o Servizo Social da Muller, creado polo Decreto 378 do 7 de outubro de 1937, á súa Delegación Nacional. A súa estrutura verase modificada co Decreto 3749/1964, do 29 de novembro, pero será co Decreto 2485/1970, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, cando se substitúan as antigas rexedurías por departamentos. Así, a Delegación Nacional da Sección Feminina quedará estruturad a en 9 departamentos: Secretaría, Coordinación, Promoción, Participación, Formació n e Participación da Xuventude, Departamento económico-administrativo, Gabinete técnico, Oficina de Relacións Exteriores e Servizo Social, cos seus equivalentes en cada provincia. Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependen tes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social é transferida á administración pública . Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría de Familia, Xuventude e Deporte, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral de Promoción Familiar e da Muller desta nova subsecretaría da Presidencia do Goberno. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística O 9 de xuño de 1978 ingresan neste Arquivo 63 paquetes con documentación de 1936 a 1977 procedente do Arquivo da Delegación Provincial da Sección Feminina de Pontevedra en Vigo. O resto da documentación transfírese en 1988 procedente do soto da Delegación de Cultura de Pontevedra mesturada coa documentación das delegacións comarcais da Organización Sindical e a da Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes. Por último, en outubro de 2003, o Arquivo Central do edificio administrativo da Xunta en Vigo remite 6 AZ procedentes do Servizo de Deporte da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Este fondo contén tanto as series das antigas Rexidurías coma as dos depart amentos creados polo Decreto 2485/1970 no que estes asumen as funcións daquelas. Así, as funcións da Rexeduría de Persoal e as da Rexeduría de Administración pasan a ser exercidas polo Departamento Económico-Administrativo. As funcións da Rexeduría de Prensa e Propaganda son asumidas polo Gabinete técnico. A Rexeduría de Cultura e Educación Física e o Servizo Social pasan a ser asumidos polo Departamento de Participación. A Rexeduría da Irmandade da Cidade e o Campo e a Rexeduría de Divulgación e Asistencia Sanitario-Social son asumidas polo Departamento de Promoción. As funcións do Servizo Exterior asúmeas a Oficina de Relacións Exteriores e a Rexeduría de Xuventudes pasará ó Departamento de Formación e Participación da Xuventude. Boa parte do fondo documental está integrado polas fichas persoais da prestación do Servizo Social, ademais de instrucións, circulares, memorias e informes de cursos de cátedras ambulantes , informes e resumos estatísticos, partes, etc.
Organizació
O cadro de clasificación establecido para o Fondo 6.2 DELEGACIÓN PROVINCIAL DA SECCIÓN FEMININA DE PONTEVEDRA, desenvolvese do seguinte xeito: 6.2.1 ÓRGANOS DE GOBERNO 6.2.1.1 DELEGACIÓN PROVINCIAL 6.2.1.1.1 Delegación Provincial da Sección Feminina ( 6.2.1.2 XUNTA PROVINCIAL DE REXEDORAS 6.2.1.2.1 Sesións da Xunta Provincial de Rexedoras 6.2.2 ADMINISTRACIÓN 6.2.2.1 ASUNTOS XERAIS 6.2.2.1.1 Circulares 6.2.2.1.2 Instrucións 6.2.2.1.3 Normativas 6.2.2.1.4 Convenios 6.2.2.1.5 Correspondencia 6.2.2.1.6 Fichas pasaporte 6.2.2.1.7 Contratos 6.2.2.2 PERSOAL 6.2.2.2.1 Seguridade Social 6.2.2.3 ADMINISTRACIÓN ECONÓMICA 6.2.2.3.1 Liquidación de presuposto 6.2.2.3.2 Contabilidade 6.2.2.4 PATRIMONIO 6.2.2.4.1.Rexistros da Dirección Xeral de Desenvolvemento Comunitario 6.2.2.4.1 Expedientes de patrimonio 6.2.3 PARTICIPACIÓN E PROMOCIÓN 6.2.3.1 Actividades políticas 6.2.3.2 Actividades sindicais 6.2.3.3 Actividades deportivas 6.2.3.4 Actividades culturais 6.2.4 SERVIZO SOCIAL 6.2.4.1 Certificacións da prestación do Servizo Social 6.2.4.2 Cartillas de axuste da prestación do Servizo Social 6.2.4.3 Relación de envío ao Servizo Social 6.2.4.4 Fichas de cumpridoras do Servizo Social 6.2.4.5 Fichas de baixas e traslados de prestadoras do Servizo Social 6.2.4.6 Fichas sobre 6.2.4.7 Libros rexistro 6.2.5 ASISTENCIA SOCIAL E PROMOCIÓN DA MULLER 6.2.5.2 Promoción da muller 6.2.5.1 Asistencia social 6.2.6 FORMACIÓN 6.2.6.1 Educación física e deporte 6.2.6.2 Educación e ensino 6.2.7 COLECCIÓNS 6.2.7.1 Recortes de prensa
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Instrumentos de descrición Inventario
Área de documentación
Existencia e localización de copias Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas Xefatura Provincial do Movemento
Ãrea de notas
Nota 2.1. Delegación Provincial da Sección Feminina 4.4. Tamén manuscrito
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Muller España Galicia Pontevedra
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra
Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional da Sección Feminina (Tema) (Creador)