ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

XEFATURA PROVINCIAL DO MOVEMENTO DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.6.4

  • Título XEFATURA PROVINCIAL DO MOVEMENTO DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1932-1972 (Creación)

  • Volume e soporte 446 unidades de instalación (370 caixas e 76 libros) en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xefatura Provincial de Pontevedra. Movemento Nacional(1937-1977) De acordo co Decreto de Unificación do 19 de abril, en 1937 nace a Falange Española Tradicionalista de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET de las JONS) como partido único despois da unión de Comunión Tradicionalista e Falange Española de las JONS. Esta forza política resultante foi coñecida, tamén, como Movemento Nacional, chegando a superar o concepto de mero partido político para constituír a columna vertebral do Estado. Dotado dos seus primeiros estatutos o 4 de agosto dese ano, foron reformadas e aprobadas as súas modificacións mediante o Decreto do 31 de xullo de 1939. Nel contémplanse, como órganos provinciais do Movemento, o xefe provincial, máxima autoridade política da provincia, cuxo posto foi desempeñado na práctica polo gobernador civil, o secretario, o tesoureiro, os delegados provinciais de servizos e o xefe provincial de Milicias. Despois de estruturarse no Decreto do 20 de xullo de 1957 os servizos da Secretaría Xeral do Movemento, acométese, dous anos máis tarde, a refundición de todas as disposicións dictadas ata o momento relativas á organización territorial do Movemento. A Orde do 1 de decembro de 1959 aprobando o regulamento de organización e funcionamento das xefaturas provinciais e locais deixou establecidas a súa estrutura orgánica, funcións e competencias. Aínda que a Secretaría Xeral experimenta un novo cambio na súa estrutura sancionado polo Decreto 15/1970, do 5 de xaneiro, as xefaturas provinciais non se ven afectadas, xa que logo o seu regulamento seguirá en vigor ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, sobre reestruturación dos órganos dependentes do consello nacional e novo réxime xurídico das asociacións, funcionarios e patrimonio do movemento.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Recollido, no seu día, polo Goberno Civil, diversas circunstancias determinaron que este fondo documental se transferise, na década dos anos 80 do século XX, polo Arquivo da Deputación. Aínda que non existen documentos que o testemuñen, todo fai pensar que sufriu bastantes avatares ata a súa permanencia definitiva neste Arquivo Histórico.

  • Forma do ingreso Transferencia

Área de contido e estrutura

  • Novos ingresos Fondo pechado por tratarse dunha institución suprimida

  • Organizació

    Cadro de clasificación do fonco ES.GA.36038.AHPPO/1.6.4. XEFATURA PROVINCIAL DO MOVEMENTO
    
    1.GOBERNO
    
    1.1.Actas de sesións
    1.1.1. Actas de consellos locais
    1.1.2. Actas da Comisión Permanente do Consello Provincial
    1.1.3. Actas do Consello Provincial
    1.1.4. Actas do Pleno do Consello Provincial
    
    1.2. Expedientes de constitución
    1.2.1.Expedientes de constitución de comisións xestoras
    1.2.2. Expedientes de constitución de corporacións locais
    
    1.3. Libros de actas
    1.3.1. Libro de actas
    1.3.2. Libro de actas do Consello Provincial
    
    2. ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS
    
    2.1.Correspondencia
    2.1.1. Correspondencia
    2.1.2.- Correspondencia sobre militantes
    2.1.3. Documentación Magisterio Español
    2.1.4. Documentación de bens inmobles
    
    2.2.Rexistro
    2.2.1. Libro rexistro de entrada de correspondencia
    2.2.2.Libro rexistro de entrada de documentos
    2.2.3.Libro rexistro de saída de correspondencia
    2.2.4.Libro rexistro de saída de documentos
    2.2.5.Libro rexistro de solicitudes de ingreso
    2.2.6. Libro rexistro provincial de carnés
    2.2.7. Rexistro xeral de mobiliario
    
    2.3. -Expedientes persoais
    2.3.1.Expedientes persoais de militantes
    2.3.2. Expedientes persoais de autoridades provinciais
    2.3.3. Expedientes persoais de militantes ingresados na “Guardia de Franco”
    
    2.4.Afiliados e autoridades
    2.4.1. Expedientes de afiliados
    2.4.2.  Relacións de autoridades e cargos provinciais
    2.4.3.  Relaciones nominais de afiliados a efectos de depuración
    2.4.4.  Índice del libro rexistro de depuración de afiliados
    2.4.5. Libro rexistro de depuración
    2.4.6.  Informes correspondentes ás xefaturas locais, dos afiliados excluídos da organización ou pasados á sección de adheridos por antecedentes ou falta de disciplina
    2.4.7.  Libro de actas des ingresos de novos afiliados á Organización e de solicitudes de ingresos
    
    2.5.Ficheiros
    2.5.1. Fichas
    2.5.2.Fichas dos candidatos
    2.5.3. Fichas de militantes e adheridos
    2.5.4.  Fichas persoais -eleccións municipais-
    2.5.5. Fichas "Servicio Español del Magisterio"
    
    2.6.Actividades
    2.6.1. Expedientes de actividades realizadas
    2.6.2.  Expedientes sobre reunións, asembleas e outros actos
    2.6.3.  Memorias anuais do Plan de Acción Política
    2.6.4.  Memorias de actividades da Xefatura e do Consello Provincial
    2.6.5.  Partes mensuais
    2.6.6. Partes resumen de actividades da CNS de Vigo
    2.6.7.  Actividades: “Día del maestro” e outros
    2.6.8.  Guións, ponencias e conclusións de diversos congresos e asembleas
    2.6.9. “Patronato de Prudencia”
    
    2.7.Eleccións
    2.7.1. Actas, comunicacións e circulares sobre eleccións de conselleiros locais
    2.7.2. Circulares sobre eleccións
    2.7.3. Expedientes de eleccións
    2.7.4. Eleccións de deputados provinciais e de procurador en Cortes
    2.7.5  Referendo sobre o Proxecto de lei de sucesión na Xefatura do Estado
    2.7.6. Listas de candidatos a conselleiros provinciais en representación dos conselleiros locais
    
    2.8.Censos electorais
    2.8.1.Censos electorais
    2.8.2. Listas adicionais ao censo de 1965
    
    3. CONTABILIDADE-TESOURARÍA
    
    3.1.Contabilidade presupostaria
    3.1.1.Documentación contable
    3.1.2. Balances de pagamentos e ingresos
    3.1.3.Balances mensuais
    3.1.4. Alugueres
    3.1.5. Mutualistas xubilados
    3.1.6. Partes de coches
    3.1.7. Impresos
    
    3.2. Rexistros de contabilidade
    3.2.1.Libro de balances
    3.2.2.Libro de inventarios e balances
    
    3.3. Caixa
    3.3.1. Follas de caixa
    3.3.2. Movementos de caixa das delegacións locais
    
    3.4. Rexistros de caixa
    3.4.1.Libro de caixa

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación manuscrita e mecanografada

  • Instrumentos de descrición Conta con inventario a nivel de unidade de instalación, con numeración propia nas unidades de instalación en caixa (da 1 a 371) e cos libros da Xefatura Provincial do Movemento integrados na numeración xeral do Arquivo, coas numeracións que se detallan: L-6451 - Libro registro de entrada de documentos L-6452 - Libro registro de salida de documentos L-6482 - Libro registro de entrada de correspondencia L-6483 - Libro registro de entrada de correspondencia L-6495- Libro registro de salida de correspondencia L-6496 - Libro registro de salida de correspondencia L-6500 - Libro registro de solicitudes de ingreso L-6515 - Índice del libro registro de depuración de afiliados L-6516 - Libro registro de depuración L-6517 - Libro de actas del Consejo provincial L-6518 - Libro de actas dedicado a los ingresos de nuevos L-6519 - Libro de actas L-6538 - Libro de balances L-6539 - Libro de inventarios y balances L-6542 - Libro de caixa L-6548 - Libro de caixa L-10126 - Libro de caixa

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas Delegación Provincial de Auxilio Social Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes Delegación Provincial da Sección Feminina

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición