ATOPO
Rexistros actuais: 1.345.479
Obxectos dixitais dispoñibles: 494.904

ARQUIVO MUNICIPAL DA LAMA

Identificación

Arquivo municipal de A Lama
Avenida José Antonio, 1. 36830 A Lama
986 768 238 - Fax: 986 768 282
Responsable: Funcionarios municipais

Datos básicos

Nº unidades de instalación: 2.208
Nº rexistros inventario descritivo (base de datos): 20.020

Actuacións Servizo Técnico Patrimonio Documental

Organización inicial: 1986
Reincorporacións documentais: 1987,1990,1997,2000,2002,2005,2008, 2010, 2013-2014, 2016, 2019
Reorganización (novo cadro): 1997
Informatización instrumentos descrición: 2000

Mapa

A actual casa do concello é unha construción exenta, de pedra, rematada en 1924 e remocicada en varias ocasións, distribuída en baixo e planta.

O local dedicado ao arquivo ocupaba unha sala da ala esquerda da planta baixa e tiña forma rectangular, unha superficie de 30 m2 e unhas axeitadas condicións de habitabilidade, ventilación e iluminación. Así mesmo, contaba co equipamento necesario para levar a cabo a súa función de conservación e información documental.

Debido á falta de espazo e ás necesidades derivadas das actividades municipais, o arquivo trasladouse a unha edificación próxima, que ata ese momento ocupaban as dependencias de Servizos Sociais. Na actualidade o arquivo municipal sitúase na primeira planta da edificación e mantén a distribución anterior, con catro salas de diferentes tamaños unidas por un amplo corredor central. Nelas todos os fondos documentais, tanto do propio Concello coma do xulgado de paz, colocáronse en estantes metálicos.

Plano Arquivo municipal da Lama